talaarbolesrepublicacheca

Súmate a Amigos da Terra República Checa para solicitar ao seu goberno que abandone os plans de tallar grandes áreas do que antes eran bosques protexidos ricos en biodiversidade, e onde habitan especies en perigo de extinción.

Sumava é o Parque Nacional máis grande de República Checa, e probablemente o máis parecido que ten o país a unha selva virxe. O Parque Nacional comprende máis de 600 quilómetros cadrados de montañas con bosques, turba e outros pantanos, lagos glaciais e pradarías floridas. O parque alberga poboacións de linces, eirugas, perdices negras, bufos Ural e alces europeos. Sumava foi declarado espazo Natura 2000 baixo as Directivas de Aves Silvestres e Hábitat, Reserva da Biosfera da UNESCO, e as súas turbas e bosques figuran na lista do Convenio de Ramsar relativo ás brañas.

Non obstante, o novo director do parque nacional,Jan Strasky, propuxo a talla a grande escala dos seus bosques. Isto provocará enormes claros no parque nacional e os fermosos hábitats dos antigos bosques montañosos perderanse.

O motivo oficial desta decisión, é que a maioría das árbores que serán talladas “están supostamente infestadas” polo escaravello negro. Non obstante, o escaravello negro é unha especie fundamental na montaña e os bosques, e os procesos naturais deberían estar estritamente protexidos nas partes centrais dos parques nacionais. Os grupos ambientalistas consideran que o escaravello é tan só unha escusa para ceder aos intereses de talla que fan lobby permanente cos políticos para lograr novas concesións.

Jan Strasky, o director do parque, ex político e crítico da conservación moderna da natureza dixo: “a natureza é a inimiga e polo tanto debemos loitar contra ela. Se non fose polos nosos antepasados que loitaron contra varios animais eu non estaría hoxe aquí”. Tamén anunciou varios proxectos, como a ampliación da ruta cara á fronteira austríaca para apoiar a construción de novos edificios privados, e mesmo o establecemento de novas municipalidades dentro do Parque Nacional.

Amigos de la Tierra República Checa e outras organizacións ambientalistas escribiron ás autoridades checas para exhortalas a que deteñan a talla, no que ata agora foron declarados bosques de non intervención (estritamente protexidos). As cartas non tiveron efecto, e a talla continúa. Como consecuencia disto, Amigos da Terra República Checa, Greenpeace, Birdlife e outras organizacións comezaron un bloqueo pacífico da zona. Sumáronselles científicos e membros do público xeral.


talas_arboles_republicachec


Un fallo xudicial finalmente puxo fin ao bloqueo de Amigos de la Tierra República Checa. Non obstante, ao redor de 70 membros do público e outras ONG continúan protestando a pesar da man dura da policía e outros membros dos servizos de seguridade. A forte presenza policial e militar suxire que se trata dunha batalla non só sobre a talla de 3.000 a 6.000 árbores, senón unha manifestación de poder político para devastar o Parque Nacional.

Vídeo do bloqueo dos activistas

Fotos das protestas e as tallas

Envía un email ao director do parque nacional e os ministros do goberno.