vertedoiro_quimico_sancibrao_copy

Toneladas de ferralla, deterxentes, plásticos, bidóns de pintura, entre outros residuos tóxicos, foron desenterradas a finais de xaneiro nas inmediacións da nave da empresa Industrias Químicas Gallegas S. A., en San Cibrao das Viñas; nunha investigación aínda aberta na que participaron axentes da garda civil, persoal da Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica Miño Sil.

Tralas reiteradas denuncias feitas por Amigos da Terra sobre verquidos ao río Barbaña e a proliferación de vertedoiros ilegais (nin autorizados nin controlados), non nos sorprendente descubrir este tipo de “bombas tóxicas” agochadas baixo o solo.

Non obstante, non deixamos de escandalizarnos ante a intolerable e desastrosa situación que se evidencia; que non é outra que unha total falta de respecto polo medio, un grave descoñecemento sobre as repercusión que estas situacións poden provocar, e o descontrol na vixilancia das obrigas sobre o tratamento dos residuos máis contaminantes (control que, se cabe, debera ser máis exhaustivo no entorno dos polígonos industriais e empresas potencialmente xeradoras deste tipo de sustancias).

Ante os vertidos tóxicos no concello de San Cibrao, Amigos da Terra solicita o cumprimento da lexislación ambiental. En relación aos vertidos tóxicos da empresa Industrias Químicas Gallegas producidos no Concello de San Cibrao, dende Amigos da Terra, alegando a necesidade de aplicar a lei que promove o principio “Quen contamina, paga”, solicita a aplicación de normas máis restritivas coa defensa do medio ambiente, como o regulado na Lei de responsabilidade medioambiental, que contempla no seu artigo 3 o pago de sancións económica e a reparación do dano ambiental por conta dos causantes dos feitos.

Ase mesmo, reclamamos que se comprobe se a empresa conta coa licenza de actividade e coas autorizacións preceptivas como a autorización ambiental integrada a cal vai conter información que asegure que a actividade executada na nave produce uns valores de emisión ou de contaminación compatibles co respecto ao medio ambiente e á saúde das persoas.

Amigos da Terra procederá a tramitar denuncia desta situación, e solicitar unha investigación en profundidade sobre a xestión dos residuos tóxicos de todo o sector.