canceira_carballinno

 A Audiencia Provincial ven de estimar os recursos interpostos polas asociacións ecoloxistas Amigos da Terra e “Matar por matar non ” contra o auto do xulgado de O Carballiño de arquivar o caso da canceira de O Carballiño.

Amigos da Terra presentaba ante a Audiencia Provincial de Ourense no mes de abril de 2011, un recurso de apelación contra o auto do Xulgado de O Carballiño, no que se consideraba necesario que foran admitidas todas as probas recollidas nos diferentes escritos tramitados ao longo destes tres anos, dende que apareceran no mes de marzo de 2009 máis de setenta cans nunha fosa ilegal no recinto municipal da canceira de O Carballiño.

Mortos_recentes_marzo

Nese recurso se solicitaba a toma de declaración a certos testemuños como á antiga concelleira de Medio Ambiente de O Carballiño, e ao persoal que por entón traballaba na canceira, e aos que aínda non se lles tomou declaración, circunstancia que agora foi estimada pola Audiencia Provincial e que como viñamos demandando dende un primeiro momento consideramos fundamental para o esclarecemento dos feitos da morte dos cans.

Xa van mais de tres anos e tres veces que a Audiencia Provincial de Ourense estima os recursos de arquivo deste caso da canceira, agardando agora que se continúe co proceso xudicial e se determinen as causas da morte dos cans e os responsables das mesmas.