110513San_Mamede_primaveira_voluntariadoEsta fin de semana Amigos da Terra convídavos a participar nunha xornada dobre en As Corcerizas na que se inclúe formación na campaña Alimentos Kilométricos co obxectivo de reflexionar sobre o impacto do actual modelo alimentario, e accións de voluntariado colaborando no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012, un evento deportivo na que parte dos cartos acadados se destinarán á reforestación da Serra de San Mamede. Desfruta dunha fin de semana en As Corcerizas, de xeito totalmente gratuíto!

A maior parte da actividade do sábado estará centrada na campaña de Alimentos Kilométricos, realizaremos unha formación co obxectivo de coñecer o impacto do actual modelo alimentario e das alternativas para poder cambialo. Tentaremos dotar á xornada de ferramentas útiles, con xogos e dinámicas, para que as/os participantes poidamos empregar e difundir todo o que asimilemos, formando parte dunha nova rede para un cambio de modelo.

A última hora da tarde, aproveitaremos para visitar o percorrido da carreira do día seguinte e identificar os postos que cubriremos. O domingo, ben cediño, cada voluntaria e voluntario teremos xa un lugar asignado polos colectivos que organizan a carreira, nos desprazaremos ata os puntos indicados e dende alí, colaboraremos coa difusión de información, a atención e o avituallamento das/os participantes deste Desafío Solidario 2012.

Coa colaboración de:logos_alimentos_peque

PROGRAMA

Sábado, 19 de maio

11:00 – 13:30  Presentación e formación na campaña Alimentos Kilómétricos

13:30 – 15:00  Xantar

15:00 – 17:00   Como difundir alternativas: xogo colectivo

17:00 – 17:30   Descanso

17:30 – 20:00   Acción de voluntariado en As Corcerizas e preparación da xornada do domingo

Domingo, 20 de maio

 7:30 – 9:00    Comezo da actividade de voluntariado coa distribución de persoas polos distintos postos de avituallamento da carreira

Xantar a cargo da organización

 

INSCRICIÓN

Envíanos a ficha cuberta por correo electrónico, postal ou fax antes do 18 de maio a:

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Fax: 988 511 020

R/Concordia nº20, 2º esquerda. 32003 Ourense

Ficha de inscrición [odt]

Ficha de inscrición [doc]