ENCUENTROVOLadt

Este mércores 5 de decembro, celebrase o Día Internacional do Voluntariado, unha xornada proclamada no ano 1985 pola ONU, para dar a coñecer mellor a importante contribución das persoas voluntarias nos diferentes ámbitos da sociedade.

Ase mesmo, as entidades e organizacións que conforman a Plataforma do voluntariado de España, elaboraron pare este un comunicado no que se expoñen diversas demandas do recoñecemento das accións voluntarias.

Dende Amigos da Terra nos sumamos a celebración deste dia e aproveitamos para expresar a todas/os as/os voluntarias/os locais e europeos a labor xenerosa, o esforzo, o tempo e implicación que adican de forma solidaria e altruísta co obxectivo de mellorar a situación do noso medio ambiente e da sociedade en xeral. Por todo elo, queremos agradecerlles a súa colaboración e solidaridade.

salida_climatica_dia_aves

Ademais, tamén queremos animar aos mozos/as galegos con inquedanzas e motivacións por realizar actividades de voluntariado, a que teñen a oportunidade de participar no programa do Servizo Voluntario Europeo, e poder desenvolver un proxecto de voluntariado en diferentes países de toda Europa.

Bo día para todas/os