130601_voluntariado_AsCorcerizas_L1100436Continuamos coa organización dunha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas. Un grupo de activistas da asociación Amigos da Terra, desenvolverá para a vindeira fin de semana, dende o 4 ata o 6 de outubro, unha serie de actuacións como a construción dun valado de madeira para unha horta, así coma a proxección de documentais ambientais….e para completar a xornada compartindo experiencias, e organizaremos dous cursillos de cosmética ecolóxica e pan artesán.

O aloxamento no albergue será de balde, así como o almorzo. Os participantes terán que levar a comida do sábado e o domingo, así como unhas verduriñas para a cea do sábado, co fin de acompañar a pasta e o arroz que porá a asociación.

A chegada será o venres ás 18:00 pola tarde e a saída o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

130601_voluntariado14

As persoas interesadas en participar nesta actividade debedes enviar un correo ou chamar por teléfono ao local da asociación en Ourense:

* correo: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

* teléfono: 988 374 318