voluntariado_AsCorcerizas_2Continuando cos traballos forestais e ambientais que se iniciaron esta primavera no entorno de “As Corcerizas”, dende un grupo de activistas de Amigos da Terra organizamos para a vindeira fin de semana, dende o 19 ata o 20 de outubro, unha xornada de voluntariado ambiental para dar construción dun secadoiro de castañas con adobe, aprender tecnicas de bioconstrucion como facer diferentes mezclas de adobe, tamen desfrutaremos dos aires limpos da serra e faremos pan artesán.

O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo. Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verdurillas para a cea do sábado (a pasta e arroz a poñemos nós).

Chegada o sábado pola mañá e saida o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

voluntariado_AsCorcerizas_1

As persoas interesadas en participar nesta actividade debedes enviar un correo ou chamar por teléfono ao local da asociación en Ourense:

* correo: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

* teléfono: 988 374 318