carballeira_sandias

Organizada dende un grupo de activistas da asociación, a vindeira fin de semana, dende o sabádo 23 ata o domingo 24 de novembro, está prevista unha xornada de voluntariado ambiental para dar continuidade aos traballos forestais e ambientais que se iniciaron esta primavera no entorno de As Corcerizas:

Imos a organizar unhas XORNADAS de PRANTAFRAGAS e andamos a traballar en actividades que ensinen a recuperar-restaurar montes queimados, ecosistemas estragados, arranxar zonas de ribeira para evitar a erosión, a perda de solo e a destrución de ecosistemas fluviais…

landras

O aloxamento no albergue será gratuio así como o almorzo. Os participantes teredes que levar a comida do sábado e domingo e algunhas verdurillas para a cea do sábado (a pasta e arroz a poñemos nós).

Chegada o sábado pola mañá e saída o domingo pola tarde ou ben se queredes o luns pola maña.

Se queres axudar e ser participe con nós, podes enviar un correo ou chamar ao local de Ourense ofrecendo o voso apoio.

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

988 374 318