ENCUENTROVOLadtEste Xoves 5 de decembro, celebrase o Día Internacional do Voluntariado, unha xornada proclamada no ano 1985 pola ONU, para dar a coñecer mellor a importante contribución das persoas voluntarias nos diferentes ámbitos da sociedade.

Dende Amigos da Terra sumámosnos a celebración deste día mediante a participación en dous eventos.

Por unha banda participamos dentro das “Xornadas Voluntáriate” organizadas pola asociación “Niña Caracol” na que diferentes organizacións daremos a coñecer as nosas actividades de voluntariado. Amigos da Terra intervén o mércores día 4 de decembro cunha charla sobre o programa do Servizo Voluntario Europeo, e contaremos as experiencias dos nosos SVE e queremos animar aos mozos/as con inquedanzas e motivacións por realizar actividades de voluntariado, a que teñan a oportunidade de participar neste programa do Servizo Voluntario Europeo, e poder desenvolver un proxecto de voluntariado en diferentes países de toda Europa.

plantacion_vol

O día 5 de decembro estaremos dende as 11:30 horas na “Feira de Entidades de Acción Voluntaria” organizada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ourense, que se celebra no Auditorio de Ourense, onde estaremos cun stand informativo da nosa asociación, para expoñer as actividades de voluntariado. Ase mesmo queremos convidaros a todas as demais actividades lúdicas que se organizan nese espazo. Podedes consultar a programación aquí.

CARTEL_DIA_5

Por ultimo, queremos aproveitar para expresar a todas/os as/os voluntarias/os locais e europeos a labor xenerosa, o esforzo, o tempo e implicación que adican de forma solidaria e altruísta co obxectivo de mellorar a situación do noso medio ambiente e da sociedade en xeral. Por todo elo, queremos agradecerlles a súa colaboración e solidariedade.

Bo día para todas/os