dia1É costume nos paises con tradición “montañeira” subir nestas datas a unha montaña, a que quede máis perto de nós para celebrar a entrada do aninovo. O día 1 de xaneiro para aqueles e aquelas que vos apeteza a mañá cedo imos subir a Pena Rubia (ao cúmio da nosa árbore de nadal) que como ben sabedes está nos Canóns do Sil. Seguiremos a andaina ate o cúmio da Mallada Vella na Serra de Cabeza de Meda dende a que se ven as montañas máis altas de Galicia e norde de Portugal, vales do Sil e do Miño, terras da Limia e de Lemos, Val do Medo e do Arnoia…

Saída de Ourense ás 09:00 (Campus Universitario a carón da escultura do afiador) e voltaremos entre as 14 e as 15 horas, o que queira, poida e lle apeteza por nós pode voltar cando queira.

dia1-2

Data: 01 de xaneiro de 2014

Saída: 09:00h • Volta: 14-15:00h

Lugar de saída: Campus Universitario-escultura do afiador (Ourense)

QUE LEVAR: Para repor forzas e brindar polo 2014, aconsellamos: doces de nadal (turrón, roscóns, mazapans, bicas…) Algo para non desidratarse (auga, viño da terra, sidra, cava…). ACONSELLABLE un chisco de forza para camiñar e a voz limpa para cantar uns reises e botar uns aturuxos.

Unha aperta solidaria e sustentable.