dia_humedais_rio_minho2

Co gallo da conmemoración do 43 aniversario do Convenio Ramsar, celebramos un ano máis o día dos humedais, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta e querémosvos convidar á realizar unha saída polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense, para o domingo 2 de febreiro pola tarde.

Partiremos dende a Aula da Natureza do río Miño, ás 16:00 horas e tras un paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do río Miño, o río Loña e finalizaremos a nosa ruta no Barrio de “As Lagoas”.

No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.

A data límite para anotarse será o venres día 31 de xaneiro pola tarde, por correo electrónico en:

aulanatureza@ourense.es

voluntariado.galicia@amigosdaterra.net, ou ben nos teléfonos 988 510 781 – 988 374 318.

Recordade que debedes levar un calzado adecuado para camiñar, roupa de abrigo e/ou de choiva, auga para beber e, si tedes, prismáticos e cámara de fotos.

En resumo:

Data da saída: 2 de febreiro

Percorrido: polas ribeiras do Miño, do Loña e Barrio de “As Lagoas”

Lugar de inicio do percorrido: Aula de Natureza do río Miño; paseo fluvial de Oira s/n, Ourense

Hora de saída: 16:00 horas

Tempo estimado: unhas tres horas, ata as 19:00 horas

Contacto: nos correos: aulanatureza@ourense.es ou voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

ou nos telefonos: 988510781 ou 988 374 318

Data límite incrición: 31 de xaneiro