120427_presentacion_alimentosqm

Xa está dispoñible un novo vídeo de promoción da campaña de Alimentos Quilométricos de Amigos da Terra. Con el, pretendemos dar a coñecer os impactos asociados ao consumo de produtos alimentarios que proveñen de zonas afastadas do seu destino de consumo.

O actual modelo de produción e distribución, ligado a un estilo de vida consumista, agóchanos a realidade que a nosa alimentación implica moitas veces: unha xigante pegada de carbono, a depreciación da calidade dos produtos ao viaxar miles de quilómetros ata chegar a nosa mesa, ou os impactos ambientais e sociais que a produción desde produto leva asociados.

O obxectivo da campaña é fomentar unha toma de consciencia sobre a problemática alimentaria, e promover alternativas de consumo que reduzan os custos ambientais, sociais, e tamén financeiros da nosa alimentación. Consumir produtos locais e de calidade é posible, é factible e sobre todo é saudable para ti e para o teu entorno.

Convidámosche a consultar así mesmo, a nosa guía de produtores/as ecolóxicos de venda directa en Galicia, coa que poderás coñecer a labregos e labregas do teu entorno máis próximo, poñer en valor o traballo de quenes nos alimentan e contribuír ao desenvolvemento sustentable e á soberanía alimentaria.