red_agua_publica

No vindeiro día 29 de marzo terán lugar en Santigo de Compostela as Xornadas Galegas da Auga 2014, un espazo de encontro entre entidades interesadas no debate sobre a xestión do ciclo integral da auga.

Neste evento promovido por Enxeñería sen Fronteiras participarán varios colectivos, plataformas e asociacións galegas, expertos da cuestíon de augas de Andalucía e tamén representantes dos colectivos que loitan pola auga pública. Amigos da Terra representada coa participación de Paula Vidal falará sobre a súa experiencia de modelos alternativos de saneamento como o que se implantou no centro de educación ambiental “As Corcerizas“.

Programa:

Cartaz_Xornadas_Galegas_da_Auga_2014

Máis información