130801_campo_traballo_copy

Este verán levaremos a cabo un novo Campo de Traballo Internacional en As Corcerizas, dirixido a persoas entre 18 e 30 anos.

Do 1 ao 12 de agosto desenvolveremos actividades de bioconstrución e autoconstrución, nun ambiente participativo e lúdico.

Tamén se traballará na protección do contorno natural, recuperando o ecosistema forestal e vixiando para a detección de posibles lumes na Serra de San Mamede; xunto con roteiros pola montaña, obradoiros, e dinámicas grupais que fomentarán un ambiente amigable e distendido.

AMPLIAR INFORMACIÓN