obradoiro montaxe fotovoltaicas

Amigos da Terra e Nosa Enerxía poñen en marcha unha xornada gratuíta en As Corcerizas, o día 16 de novembro, co fin de facilitar información para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico e/ou consumir este tipo de enerxías con garantías de sostibilidade. A Cooperativa Nosa Enerxía explicará as opcións de consumo de renovables e a área de comercialización como alternativa en funcionamento.

O resto da xornada será de carácter práctico, montando un sistema fotovoltaico asistido e coñecendo o funcionamento dun sistema illado a través da visita técnica guiada ás nosas instalacións enerxéticas.

AMPLIAR INFORMACIÓN