logo ttipsecret caballo troya GOs negociadores do Tratado de Comercio e Investimentos entre EUA e a UE, coñecido como TTIP, están a discutir diferentes aspectos que afectan directamente ao noso día a día. O novo Cabalo de Troia levaríanos a unha perda de dereitos sen precedentes se non actuamos para detelo.

A nosa alimentación tamén está na palestra das negociacións, polo que a sinatura do tratado podería supoñer unha grave rebaixa para a nosa seguridade alimentaria. Os estándares que controlan a nosa alimentación e os que nos permiten decidir que comemos están en risco se o TTIP segue adiante.

Aínda que as normativas europeas son bastante mellorables, é certo que son moito máis estritas e consideran moito máis os dereitos da xente que os estándares e as normas estadounidenses. O TTIP representa unha gran baza para que as grandes multinacionais incrementen os seus beneficios económicos, xa que poderían introducir no noso territorio produtos que na actualidade están prohibidos na UE, pero que si se comercializan nos EE.UU.

Queres saber que te vas a comer co TTIP?

Cultivos transxénicos que nin sequera foron avaliados

A situación de España é diferente ao resto de Europa, xa que somos o único país que cultiva transxénicos a grande escala na UE. Non obstante só cultivamos unha variedade de millo modificado xeneticamente, o MON810, mentres que en EUA teñen unhas 150 variedades.

De aprobarse o TTIP, poderían entrar estes 150 cultivos transxénicos, e coñecendo os antecedentes do noso país, seguramente encheremos os nosos campos de organismos modificados xeneticamente.

A cidadanía Europea, incluída a española opúxose a estes cultivos en repetidas ocasións. Aínda que existen lagoas legais, na actualidade sinálase se un alimento é transxénico ou non na etiquetaxe, e prohíbese a importación de alimentos contaminados por OMX que non fose autorizado na UE.

TTIP Postcard - Popcorn CaptionGalician-Galego

Pola contra, en EUA os cultivos de millo, soia e colza transxénicos están amplamente estendidos. Por este motivo, os negociadores estadounidenses e os lobbys levan facendo presión aos países da UE para facilitarlle o camiño á importación de transxénicos, argumentando que as normas europeas son un obstáculo ao comercio e prexudican a exportación da industria estadounidense. Tanto é así que as grandes compañías agroindustriais pretenden debilitar as leis relativas aos transxénicos, incluíndo a etiquetaxe.

Importar estes alimentos significaría que tanto a cidadanía coma os agricultores e agricultoras europeos non terían forma de saber se a comida e/ou as sementes conteñen transxénicos. Deste xeito estariamos a comer organismos modificados xeneticamente non autorizados e que non pasaron ningunha avaliación nin control de seguridade.