loitas ambientais iniciativas rurais 2Hoxe 28 de marzo, no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, desenvolveuse a  xornada de información e debate “Loitas ambientais, alternativas rurais” con gran éxito de participación.

O obxectivo deste encontro era  levar ao debate público a necesidade de reorientar os esforzos comunitarios en materia agraria con criterios de maior xustiza social e ambiental.

Esta xornada forma parte do proxecto Making the CAP work for socity and environment , que se podería traducir como “Facer que a PAC traballe para a sociedade e o medio ambiente” que Amigos da Terra está a desenvolver non só en España, senón tamén en  Alemaña, Reino Unido, Francia, Polonia, Hungría, República Checa e Bulgaria.

Foi un espazo de encontro de xentes de sindicatos agrarios, universidade, empresas, ecoloxistas e outras asociación que traballan no eido rural, no que reflexionaron sobre eivas, vantaxes, oportunidades e retos aos que facer fronte para garantir un rural vivo, xusto e ecolóxico.

Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, abordou na súa intervención que os esforzos en adaptar a política agraria comunitaria (PAC) que fan algúns países, como Austria que adica unha parte importante dos seus orzamentos de compra pública a produtos locais e ecolóxicos, non se producen en España, onde a PAC parece estar orientada a protexer os intereses dos grandes empresas dos sector agroalimentario e os terratenentes, á costa dos intereses xerais dos labregos, como produtores, nin da cidadanía, como consumidores.

loitas ambientais iniciativas rurais 1

Afonso Fernandes, do colectivo, Véspera de Nada, desenvolveu na súa exposición a necesidade da recuperación de espazos degradados, devolvendo a fertilidade a terra mediante técnicas de agricultura ecolóxica e de proximidade como resposta ao modelo da agricultura industrializada, fortemente dependente duns combustibles fósiles cada vez máis escasos.

Pola súa banda Sergio Couto e Xosé Carlos Morgade, de Iniciativas Comunales, fixeron fincapé na importancia da propiedade e xestión comunal como unha ferramenta de xustiza social e ambiental, “sendo a xestión comunal un modelo que permite, de xeito desigual nun réxime de igualdade, que cada quen aproveite o recurso compartido en función das súas necesidades, facendo previvir os recursos sen esgotalos”. Esta proposta foi levada ao concreto a través da experiencia de “El huerto del pozo”, presentada por Daniel Boyano, que se aplica de xeito práctico no Noroeste Ibérico o aproveitamento comunal “a través de la gestión mediante el Concejo Abierto, es decir, asamblea de democracia directa, modelo que lleva siendo desarrollado y aplicado ya desde la alta edad media.”

Para finalizar as xornadas, e grazas a intervención de Almudena Rodríguez de AR Servicios Ecosistemáticos, puidemos coñecer variadas experiencias de emprendemento con base no medio rural que lograron conxugar exitosamente emprego, desenvolvemento comunitario e ambiental.

Máis información: Proxecto internacional / Programa da xornada