AvisoMañá 15 de abril, na Comisión Europea preséntase unha proposta para aprobar 17 novas variedades de transxénicos tolerantes a herbicidas e/ou que producen insecticidas. O Presidente da Comisión, Juncker, prometera que as decisións sobre cultivos modificados xeneticamente serían máis democráticas, pero é evidente que non está a cumprir coa súa palabra.

Pretenden aprobar estes 17 transxénicos para importar alimentos e pensos que conteñen organismos modificados xeneticamente.Temos que dicirlle a Juncker que debe de manter a súa promesa sobre as normas de autorización sobre organismos modificados xeneticamente, e esixir que non permita a súa entrada na UE. A proposta someterase a votación o vindeiro día 22 polo que tes tempo ata esa data de sumar a túa voz en contra desta medida.

[PINCHA AQUÍ] Actúa xa! Asina para pechar a porta a estes 17 transxénicos!

Só tes que introducir o teu nome e o teu email, e pulsar o botón de enviar. Despois chegarache un correo en inglés cun link (se non o recibes comproba a bandexa de spam) Só terás que facer click nel para confirmar a túa petición.

stop-the-crop