091119_contaminacionfabricaAs organizacións sociais españolas unímonos para esixir aos políticos que actúen para crear un futuro sostible e facemos un chamado á mobilización da cidadanía o sábado 30 en máis dunha decena de cidades

Nun ano clave para o clima coa celebración en París do Cumio das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP21), preséntase hoxe en Madrid unha Alianza polo Clima formada por máis de 400 organizacións que loitan Contra o Cambio Climático. O seu obxectivo é sensibilizar á sociedade española da importancia de alcanzar neste encontro global o acordo climático que o mundo necesita para evitar os peores impactos ecolóxicos, económicos e sociais do cambio climático.

A presentación hoxe da Alianza polo Clima contou coa participación de testemuñas do cambio climático que representan algúns dos sectores da poboación máis afectados.

Carlos Almarcha, agricultor de Murcia, relatou como o cambio climático está a prexudicar as súas colleitas e está a cambiar os ciclos produtivos dos alimentos, o que implica un custo económico importante para a súa actividade produtiva.

Tata Keita, de Mali e como representante dos países do sur, contou en primeira persoa como o cambio climático frea o desenvolvemento dos pobos, dificulta a erradicación da pobreza e incrementa a desigualdade entre países e no interior de cada país.

Ademais, Juana, unha nena de 11 anos, mirou con escepticismo o futuro que o espera se non se frea o cambio climático.

Por último, o vicepresidente do Grupo II do IPCC, José Manuel Moreno, explicou as previsións climáticas do V Informe do panel de expertos de Nacións Unidas e subliñou que os impactos do Cambio Climático afectan cada vez máis severamente a todas as persoas, rexións, ecosistemas e economías.

alianza por el clima

Alianza polo Clima está formada por máis de 400 organizacións do estado español que representan ao movemento ecoloxista, sindical, de cooperación ao desenvolvemento, ciencia e investigación e consumidores. Todas elas teñen en común a convicción de que o cambio climático é un dos maiores retos aos que o ser humano se enfronta e que é urxente actuar para frear os seus impactos.

A principal demanda desta grande unión da sociedade civil, recollida no seu Manifesto polo clima: “Cambiar o clima ten un prezo”, quen o pon? quen o paga? céntrase en conseguir que as políticas climáticas formulen obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) acordes coas recomendacións científicas do IPCC, que garantan que non se superan os 2ºC de temperatura media global, ou preferiblemente os 1,5ºC. España verase afectada polo incremento dos incendios forestais, extremas secas e aumento do nivel do mar, entre outros impactos.

A Conferencia de Cambio Climático deste ano en París (COP 21) será transcendental na medida que se alcance un acordo internacional legalmente vinculante para despois de 2020 que garanta unha redución de emisións suficientemente ambiciosa para evitar os peores impactos ecolóxicos, económicos e sociais do cambio climático. Ademais, é preciso adoptar ambiciosas medidas de redución dende agora mesmo para pechar a brecha de emisións antes de 2020, especialmente por parte dos países desenvolvidos, e tamén establecer mecanismos posteriores ao acordo de París que permitiran aumentar a ambición dos obxectivos se se observase un agravamento dos escenarios climáticos.

Barro SecoAlianza polo Clima esixe de forma urxente a transición cara a un modelo enerxético renovable, eficiente, sostible e xusto que garanta o acceso universal á enerxía. Ademais, recorda que o cambio climático está directamente relacionado co actual modelo enerxético baseado nos combustibles fósiles, como carbón, petróleo e gas, cuxa queima libera á atmosfera CO2, o principal dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). Así mesmo, fai fincapé en que existen xa alternativas tecnolóxica e economicamente competitivas para cubrir unha demanda enerxética racionalizada e eficiente con enerxías renovables. Cabe subliñar ademais os beneficios que estas alternativas proporcionan en canto a diminución da dependencia externa de combustibles fósiles, xa que os recursos renovables son locais vindo do vento, o sol, a auga e as plantas. A eficiencia enerxética, o aforro e as renovables son tamén máis intensivas en xeración de emprego local e contribúen a un aire máis limpo, coas evidentes vantaxes que isto implica para a saúde cidadá.

Para lograr este cambio de modelo enerxético, Alianza polo Clima considera imprescindible manter o máximo nivel de ambición na redución de emisións a nivel mundial para 2050 que nos encamiñe cara a un escenario global de cero emisións. En todos os sectores (industria, xeración de enerxía, transporte, agricultura, edificación, xestión de residuos) é urxente poñer en marcha medidas para reducir as emisións, e todos os países teñen que facer esforzos para a mitigación, baixo o principio das responsabilidades compartidas pero diferenciadas, tendo en conta as súas emisións históricas e o seu grao de desenvolvemento e industrialización.

A cuestión xa non é se cambiará o modelo enerxético cara a aforro, eficiencia e renovables, senón se os responsables políticos saberán conducir esta transformación que afectará a todos os aspectos da sociedade para que aconteza de modo urxente, racional e facendo que os seus beneficios cheguen ata a totalidade da cidadanía.

Alianza polo Clima forma parte da rede de coalicións que se están a mobilizar en todo o mundo para solicitar o apoio da poboación e conseguir que a voz dos cidadáns sexa tida en conta nas negociacións. Para iso están previstas unha serie de accións que comezan este sábado 30 de maio en moitas cidades.

Lista de plataformas e organizacións asinantes:

Plataformas: Coalición Clima (más de 30 organizaciones) Coordinadora de ONGD (un centenar de organizaciones) Cumbre Social (más de 100 organizaciones) Foro de Acción Rural (una quincena de organizaciones) Plataforma por un Nuevo Modelo Energético (340 organizaciones) Plataforma Rural (25 organizaciones) Plataforma Tercer Sector (29.000 entidades)

Entre las más de 400 organizaciones firmantes (la mayoría pertenecientes a una o más plataformas) están: Avaaz, ECODES, CCOO, UGT, USO, UPA, COAG, CECU, Asgeco, Hispacoop, Manos Unidas, InspirAction, ONGAWA, Oxfam Intermon, Caritas, Alianza por la Solidaridad, REDR, REDER, Aproca, Fundación Renovables, Acción en Red, ECOOO, ATTAC, WWF, SEO/BirdLife, Greenpeace, Ecologistas en Acción, Amigos de la Tierra, Fundación Global Nature, 350Barcena, Xarxa per la sobirania energetica