Circular-Economy

Tras as eleccións autonómicas do pasado 24 de maio, Amigos da Terra e as principais ONG ambientais a nivel estatal, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, WWF e SEO/BirdLife, lanzan tres peticións urxentes para os novos gobernos.

En primeiro lugar, as cinco organizacións ecoloxistas de ámbito estatal recordan aos diversos partidos autonómicos as medidas recollidas no documentoUn Programa pola Terra: Eleccións Autonómicas 2015, como unha guía cara á sostibilidade. Levalas á práctica é imprescindible para formular un futuro san e social e ambientalmente xusto, ao tempo que unha oportunidade para xerar emprego verde e favorecer unha maior resiliencia da sociedade española fronte a desafíos como o cambio climático, a contaminación, a perda de biodiversidade ou o esgotamento dos recursos naturais.

Dado o carácter transversal da protección ambiental, unha proba da importancia real que se lle dá sería a creación dunha Vicepresidencia para a Sostibilidade en cada goberno autonómico. Unha figura deste tipo é esencial para que as comunidades autónomas reorienten as políticas económicas, sociais e territoriais cara a unha verdadeira sostibilidade ambiental, evitando as frecuentes situacións nas que os diferentes departamentos seguen políticas contraditorias.

En segundo lugar, as ONG consideran que, dada a importancia das comunidades autónomas en materia ambiental, se debería establecer en cada territorio autonómico unha Consellaría de Medio Ambiente dedicada exclusivamente a velar pola calidade ambiental en todas as súas facetas, e así garantir o benestar humano, o emprego de calidade, e unha economía non especulativa e dentro dos límites dos recursos naturais.

Ademais, os grupos ecoloxistas formulan que en cada comunidade autónoma se faga unha diagnose ambiental durante os primeiros meses de lexislatura para identificar e orientar as liñas prioritarias de acción e investimento na xestión do territorio, a protección e uso responsable dos recursos naturais e a conservación da natureza.

La-Serna-fotovoltaica-dia mundial energia
As organizacións de defensa ambiental fan unha valoración positiva do novo panorama político, moito máis plural.
As maiorías absolutas resultaron case sempre moi negativas para o medio ambiente, promovendo a aprobación de proxectos que non respondían ás necesidades sociais nin resultaba sostible dende o punto de vista ambiental. Pola contra, os necesarios pactos que se deberán alcanzar agora de forma xeneralizada, permitirán un maior control duns grupos a outros, facendo máis difícil a vulneración da normativa ambiental.

Especificamente para Galicia Amigos da Terra elaborou, xunto con APDR, ADEGA, CEMMA e Verdegaia, un Programa pola Terra, especialmente orientado para Galicia e para ser aplicado a nivel municipal, co que demandamos tamén que estas propostas sean tidas en conta nas negociacións dos pactos de goberno nos concellos galegos que se conformen a partires do 13 de xuño en toda Galicia. Tamén podes saber máis de como se conceiu, creou e se presentou este documento.