logo ttipsecret caballo troya GEstados Unidos e a Unión Europea seguen negociando secretamente un tratado comercial a costas á cidadanía. O TTIP (Tratado de Comercio e Investimentos), supón unha perda de dereitos cidadáns, con máis recortes e privatizacións, e sitúa os intereses privados por enriba das persoas. Este tratado pon en risco a democracia e a soberanía dos Estados, afectará a medio ambiente, a calidade do nosa alimentación, os servizos públicos, permitirá a entrada de máis enerxías sucias e perigosas, e os estados veranse atados de pés e mans ante a vontade das multinacionais.

A pesar de todos estes perigos, os voceiros das negociacións ocultan esta perda de dereitos e seguen vendendo o TTIP como un antídoto á crise: é o Cabalo de Troya do século XXI, un regalo aparente pero que trae con sigo a destrucción no seu interior.

O pasado xoves, a Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo presentou e aprobou un proxecto de informe favorable ao tratado e ao mecanismo ISDS (Mecanismo de Resolución de Controversias entre Investidores e Estados), con 28 votos a favor (entre eles os socialdemócratas, contradicíndose coa súa anterior oposición ao mecanismo IDSD) e 13 en contra.

caballo troya Ourense

O Parlamento Europeo no seu conxunto pronunciarase a semana do 8 de xuño na votación definitiva. Amigos da Terra e a Campaña No ao TTIP esixen aos europarlamentarios que na votación final representen a ciudanía e se opoñan ao Tratado. Esta acción tamén terá o fin de informar a sociedade sobre as graves consecuencias que ten este acordo a todos os niveis e botar luz sobre a campaña de desinformación que se leva a cabo dende as partes negociadoras. Ti aínda estás a tempo de mandar unha mensaxe aos europarlamentarios, a través desta ciberacción, para esixirlles que voten en contra desta perigosa medida

Acción Cabalo Troia Vigo corrixida
Para denunciar esta situación, este mes de xuño, un Cabalo de 
Troia xigante, simbolizando TTIP, percorrerá varias cidades españolas da man dos grupos de Amigos da Terra apoiados pola campaña Non ao TTIP, que informarán sobre as consecuencias do tratado e daranas a coñecer entre a cidadanía.

O tour do Cabalo de Troya pecorrerá diversas localidades ao longo de todo o estado español, tendo seu paso por Galicia previso para os días 9 1 10 de xuño, en Vigo e Ourense respectivamente.

  • Vigo. Alameda, de 17:00 a 20:00 horas Ollo, que houbo un cambio por mor de que o Concello de Vigo dengou o permiso a última hora. Xa non será na Porta do Sol senón na ALAMEDA.
  • Ourense, ao lado da Subdelegación do Goberno (fronte ao Parque de San Lázaro) de 11:00 a 12:00 horas.

Se queres coñecer máis información sobre os perigos do TTIP, podes visitar a web TTIPsecret que temos creado específicamente para este tema.