100614 mundo aplastadoNo Día Mundial do Medio Amibente dende Amigos da Terra animamos á cidadanía a mobilizarse polo clima de camiño do supercumbio do Cambio Climático de París. A cinco meses do inicio do cumio de Cambio Climático de alto nivel de París, Amigos da Terra lanzou a nivel internacional a súa campaña “De camiño a París” para visibilizar todas as dimensións dos impactos do cambio climático e as alternativas necesarias para loitar contra el. Suma a túa voz ás nosas demandas

Aínda que haberá consecuencias do Cambio Climático a nivel mundial, non debemos de olvidar que Galicia tamén recibirá importantes impactos debido aos cambio no clima. Entre outros moitos efectos, as terras galegas verán alteradas as súas capacidades de producción agrícola, un problema que tamén se extenderá as pesquerías, xa que os cambios que se esperan nas temperaturas das augas que constitúen os nosos caladeiros incidirán negativamente na produción das pesquerías. Non debemos de esquencer tamén que o cambio no rexime de precipitacións nos levará a sufrir periodos de seca que multiplicarán o risco e intensidade da problemática de incendios forestais que hoxe xa é especialmente virulento. 

enerxia limpa estevo

Está previsto que as negociacións de París pechen un acordo internacional de redución de emisións, un acordo que necesita ser o suficientemente ambicioso para evitar as peores consecuencias do Cambio Climático. Ademais, é indispensable que a forma xurídica do acordo sexa estrita para forzar aos estados a cumprir coas promesas que formalmente se están anunciando ante Nacións Unidas.

Amigos da Terra entende que ante a traxectoria do proceso de negociación e a inxustificada falta de avances, é necesario que sexa a cidadanía a que lidere o cambio de sistema cara a un modelo social e económico que respecte os límites da Terra.

“Por riba de todo hai que cambiar o modelo enerxético, anulando o poder do oligopolio e primando fórmulas de autoconsumo ou cooperativas de producción y disribución de enerxía en más das persoas. Queremos contrapoñer o papel da cidadanía á irresponsabilidade dos líderes políticos”, recordou Raquel Fernández, Presidenta de Amigos da Terra, que engade “Ademáis de consumir menos enerxía, debemos de facer un uso máis eficiente e responsable dela, e por suposto producila dunha orixe renovable e sostible”.

logo esAsí, a campaña de Amigos da Terra vai reunir os testemuños de cidadáns e cidadás, sobre os impactos do cambio climático nas persoas: como están a afectar as prospeccións de petróleo e fracking, ou a deforestación. Á súa vez, a nova web recompilará as experiencias e alternativas cidadás que están a lograr dar os primeiros pasos para seguir avanzando cara a unha sociedade: enerxías renovables xestionadas de xeito participativo e distribuída, agricultura familiar, ou o camiño cara ao residuo cero.

A nova web da campaña está dispoñible en varios idiomas e levará as peticións cidadás a París en novembro deste ano. Convidamos a todo o mundo sumar a súa voz a este esforzo colectivo de reivindicación a través da nosa web