bosques corcerizasAmigos da Terra xunto as organizacións Ecologistas en Acción, SEO/BirdLife e WWF piden á cidadanía que apoie a defensa das directivas da natureza

Máis de 200.000 persoas xa mandaron unha mensaxe clara á Comisión Europea para que asegure que se cumpren estas Directivas nos países da UE. Se ti tamén queres actuar e sumar a túa voz para que se cumpran as directivas, e para non para que as modifiquen, podes facelo pinchando AQUÍ

Na actualidade a Comisión Europea está a analizar a eficacia da maioría das normativas europeas e entre elas, sorprendentemente, as directivas sobre natureza. O seu obxectivo é modificar aquelas que considere menos eficaces e eficientes. As principais organizacións ecoloxistas españolas defendemos que as actuais directivas son boas e axeitadas polo que non deben ser modificadas. En lugar diso, o que ten que facer a Comisión Europea é asegurar que os estados membro as desenvolvan axeitadamente.

Este é o momento no que os cidadáns deben dicir a Comisión Europea que non dedique tempo a modificalas e si a asegurar que as administracións dos países apliquen as directivas correctamente. En España, por exemplo, aínda non se aprobaron os plans de xestión da maioría dos espazos protexidos da Rede Natura 2000 e non se adoptaron medidas de conservación para a maioría das especies e hábitats de interese comunitario, malia que polo menos un 60% das principais especies europeas e un 77% dos seus hábitats están ameazados.

Máis de 200.000 persoas xa mandaron unha mensaxe clara á Comisión Europea para que non confunda as prioridades e agora as organizacións (ONG) españolas solicitan a participación da nosa cidadanía. Para iso, as organizacións habilitamos dende as nosas webs un apartado cun formulario de sinaturas.

castineiro

En Europa hai unha serie de leis vitais que protexen a nosa natureza máis prezada.

A vida silvestre e os espazos protexidos máis valiosos do noso continente dependen desa protección legal.

Probablemente unha modificación destas leis, nun contexto de crise económica e social rematen debilitándoas e botando atrás anos de avances.

A Comisión Europea está a pedir agora aos cidadáns a súa opinión e este é o momento de facer oír a nosa voz. Liliane Spendeler, directora de Amigos da Terra para España, concluíu: “Se ha comprobado que lo único que puede asegurar el derecho de los ciudadanos a un medio ambiente sano es su movilización, por ello esperamos conseguir decenas de miles de firmas de ciudadanos a nivel estatal y centenares de miles de ciudadanos a nivel europeo para que la Comisión se centre en lo que debe ser su prioridad: que los gobiernos europeos cumplan y hagan cumplir las directivas de la Naturaleza“.

Asunción Ruiz, directora de SEO/BirdLife afirmou que “Las directivas de Aves y Hábitats son el fundamento de la conservación de la naturaleza en toda Europa y está científicamente demostrada su eficacia cuando se aplican correctamente. Las directivas ofrecen beneficios demostrables para la naturaleza, así como los beneficios sociales y económicos significativos“. Pola súa banda, o secretario xeral de WWF-España, Juan Carlos del Olmo, declarou que “Durante más de 30 años han protegido algunos de nuestros mejores paisajes queridos y más emblemáticos como Doñana, el Delta del Ebro, Monfragüe o las Tablas de Daimiel. Las directivas son esenciales para la protección de especies grandes y pequeñas, desde el lince a la golondrina”.

Theo Oberhuber, responsable da área de Conservación da Natureza de Ecoloxistas en Acción recalcou que “La realidad demuestra que, cuando los gobiernos y la Comisión se plantean la revisión de las directivas, esta revisión suele ser a la baja para debilitarlas, como se ha comprobado estos últimos años de crisis. En este caso, además, la intencionalidad es clara“.