agromadasA Asociación Cultural “AGROMADAS” de Seixalbo, ben de fallar o premio “Freire Carril 2015” e tivo a ben condérnolo a Amigos da Terra o que constitúe unha gran honra para todas as persoas que a integramos.

A Asociación cultural “Agromadas” de Seixalbo (no termo municipal de Ourense) concede un premio anual a persoa/persoas/organizacións que destacan no ámbito social na defensa de valores (humanistas, sociais, ambientais…). Este ano o premio foinos concedido en razón ao noso labor consolidado no tempo en canto a defensa do medio ambiente, tanto a nivel global pero tamén pola nosa actividade máis pegada ao noso teritorio e especialmente polo noso traballo en relación á problemática dos incendios forestais, así como tamén nas actuacións en contra do Cambio Climático, e en xeral, na defensa da natureza, entendendo a mesma como un ben prestado para gozalo, e coa obriga de pasarllo ás seguintes xenacións, como mínimo nas mesmas condicións que nós o recibimos, “considerando a organización Amigos da Terra”, merecente do premio Freire Carril 2015″ como din dende o xurado.

En edicións pasadas recibiran o premio Maximino Cid Ferro ( Asociacion APAT- Prevencion de accidentes de trafico), Pablo Oitabén (Asociación Ridimoas), Xosé Lois González “O Carrabouxo”, Carme Avendaño (Asociacion Érgete),  Carlos Varela (Fiscal Superior de Galicia) e o misioneiro xaveriano Adolfo Zon Pereira.

Seixalbo
A cermonia de entrega do premio, representado nunha peza escultórica de Buciños, será o vindeiro sábado 27 ás 20:30 horas, dentro dos actos de celebración da “Festa dos Foros“.  
Está Festa dos Foros celebrase tódolos anos en homenaxe a Freire Carril, loitador de finais do século XIX que foi capaz de eliminar os foros en Seixalbo e outras aldeas de Ourense chegando camiñando aos tribunais da época ata Madrid.

Facemos un chamado a toda a nosa base de persoas asociadas e simpatizantes da nosa organización para que se acheguen a ata alí para compartir este momento de gran ledicia e significado para a nosa organización e que evidentemente queremos compartir con todos e todas aquelas que ao longo destes anos, co seu traballo voluntario e seu apoio, foi posible desenvolver a actividade que os nosos compañeiros e compañeiras de Seixalbo quixeron recoñecer con tan nobre distinción. 

Lembrade: SÁBADO 27  de xuño,m as 20:30 Saída do local de Agromadas e visita ás bodegas. 
                      
Aparece tamen no programa das festas de Ourense