logo plataforma nuevo modelo energeticoCon suma ironía, o pasado 5 de xuño, Día Mundial do Medio, o Goberno presentou un borrador de Real Decreto de Autoconsumo, que pretende impoñer un “Imposto ao Sol” e obstaculizar enormemente a emancipación enerxética cidadá que favorece esta forma de xerar e consumir enerxía eléctrica, a través dunha morea de barreiras administrativas e económicas. Unha medida en sentido contrario ao que están a facer outros gobernos con máis sentidillo en distintas partes do mundo que priman e fomentan a instalación de renovables e o autoconsumo eléctrico.

Pero non deixa de ser un borrador e entre todas e todos aínda podemos presionar para que lle den a volta a este despropósito. Podes dicirlle ao Ministro Soria que retire o borrador e con el, o imposto ao sol. Abriuse un trámite de audiencia pública, no que todo cidadán pode enviar os seus comentarios antes do próximo 24 de xuño.

paneis solares corcerizas

Ao asinar esta iniciativa, que impulsamos varias organizacións coordinadas na Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, enviarase un correo electrónico á Secretaría de Estado de Enerxía co escrito de alegacións.

ACTÚA: Incorpora aquí a túa sinatura as alegacións conxuntas.

Ademáis de asinar tamén podes “manifestarte” nas redes sociais dando a túa opinón sobre isto empregando a etiqueta #AutoconsumoSi.