NOalTTIPAmigos da Terra oponse a calquera tipo de arbitraxe que outorgue dereitos ás empresas por riba de gobernos e cidadáns

A Comisión Europea anunciou onte o seu plan para reformar o moi controvertido mecanismo de arbitraxe entre investidores e estados, coñecido por ISDS, actualmente en negociación no marco do Tratado de Comercio e Investimentos entre Estados Unidos e a Unión Europea, TTIP. O ISDS, presente en numerosos tratados de investimentos xa ratificados, outorga dereitos aos investidores estranxeiros por encima dos marcos lexislativos e tribunais dos estados, constituíndo un grave atentado á á soberanía.

A proposta da Comisión Europea, que a propia Comisaria de Comercio Cecilia Malmström cualifica de “reforma e modernización do antigo sistema de resolución de conflitos”, pretende substituír o mecanismo do ISDS por un sistema de tribunais que incluiría unha corte de investimento en primeira instancia e unha de apelación.

caballo troya victor barro web

Aínda que a Comisión, polo menos nas súas declaracións, tenta abordar algunhas das críticas ao ISDS – coa designación pública dos xuíces ou supostamente a garantía aos estados de poder lexislar, non fai máis que disfrazar un sistema que non é necesario, nin aborda o problema de raíz: a concesión exclusiva de privilexios aos investidores estranxeiros por encima da sociedade, dos gobernos e dos investidores domésticos, en clara contradición co carácter democrático da Unión Europea e a libre competencia.

Liliane Spendeler, directora de Amigos da Terra, afirmou: “la propuesta de la CE para reformar el sistema de arbitraje está hecha con la misma vara de medir que el anterior mecanismo. A pesar de su nuevo nombre y algunas reformas de funcionamiento, blinda los derechos de los inversores extranjeros sin exigirles ninguna obligación para proteger a la ciudadanía y el medio ambiente.Este sistema es inaceptable en una democracia“.

A inclusión da arbitraxe entre investidores e estados non é necesaria. Investimentos multibillonarias tiveron lugar sen este mecanismo entre EE.UU. e a UE (e os seus Estados) nas últimas décadas. Na actualidade, menos do 10% destes investimentos están cubertas por un ISDS. Incluír unha arbitraxe destas características no TTIP incrementaría drasticamente o seu alcance, co consecuente aumento de demandas aos Estados europeos. Os investidores xa dispoñen de mecanismos de protección, como acudir aos tribunais normais, polo que non existe ningunha razón para outorgarlles este poder descomunal cunha corte específica de investimentos.

Por outra banda, o carácter unidireccional do sistema non se aborda na reforma: mentres as empresas estranxeiras poden demandar aos gobernos, en particular se estes lexislan en prol do interese social e do medio ambiente, os gobernos non poden demandar ás empresas nestes tribunais. Igualmente, as comunidades afectadas por investimentos empresariais non teñen acceso tampouco á xustiza. A capacidade das democracias para regular vese socavada e a dos pobos para defenderse totalmente ignorada. De feito, mentres a Comisión Europea insiste en blindar os dereitos das empresas, oponse categoricamente en Nacións Unidas a un tratado vinculante de protección dos dereitos humanos fronte aos abusos das multinacionais.

Tamén resulta curioso como a Comisión fai oídos xordos á súa propia consulta á cidadanía sobre o ISDS, cuxos resultados se coñeceron en xaneiro de 2015. Máis do 97% das respostas situábanse claramente en contra dun sistema destas características.

A proposta, que se terá que acordar cos estados membro e o Parlamento Europeo, e a posteriori negociar con Estados Unidos, confirma a falta de vontade por parte da Comisión Europea de prescindir dun sistema de privilexios para os investidores en detrimento de a cidadanía e o medio ambiente, e decide centrarse nos cambios superficiais que manteñen o sistema de arbitraxe practicamente inmutable

Amigos da Terra oponse ao TTIP e o CETA en si, sen ou con ISDS.