libera ao Sol Tras o secuestro do Sol por parte das grandes eléctricas e do Goberno …Amigos da Terra lanzou hoxe a súa campaña de sensibilización, 10 Pasos para Liberar ao Sol, na Porta do Sol en Madrid.

No acto, dous monologuistas profesionais representaron o “Secuestro do Sol” por parte do Goberno e as grandes eléctricas, e a organización deu a coñecer a súa guía, que dá nome á campaña, na que se mostran sinxelos pasos para fomentar un sistema enerxético limpo e en mans da xente.

Ante a constante incerteza de que se aprobe o Real Decreto de Autoconsumo é nun ano decisivo na loita contra o cambio climático, Amigos da Terra lanza a guía, 10 Pasos para Liberar ao Sol. Na publicación, dirixida á cidadanía, informa de xeito detallado sobre as diferentes opcións para avanzar cara a un sistema baseado en enerxías renovables xestionadas pola xente, reducir a factura da luz e mellorar a eficiencia e o aforro enerxético. Con estes pasos, Amigos da Terra anima á poboación para tomar as rendas do seu consumo eléctrico para situarse así no centro da ecuación enerxética á vez que contribúe a frear o cambio climático.

Estas alternativas iranse publicando ao longo de varias semanas na web www.liberaalsol.org. Se se aplicase, por exemplo, un dos pasos unha persoa de forma individual podería aforrar o equivalente a máis de nove toneladas de CO2, o que un coche emitiría percorrendo máis de 60.000 quilómetros (1,5 veces a circunferencia da Terra) [1].

Nos últimos anos, o Goberno, en estreita relación coas grandes eléctricas, negociou e aprobou normativas que puxeron en xaque ao sector das renovables e ao sector enerxético no seu conxunto. Os recortes ás enerxías limpas, as continuas ameazas de penalizar o autoconsumo así como as subidas incesantes da factura da luz, están a acabar coa paciencia da cidadanía. De feito, as críticas ao “imposto do Sol” van incrementándose; a semana pasada foi a quenda do Consello de Estado, que anunciou a súa oposición á peaxe de respaldo.

No acto, Amigos da Terra denunciou esta situación en clave de humor, coa representación do “secuestro do Sol”, levada ao escenario por dous contaconstos profesionais como representantes do Goberno e o oligopolio eléctrico. Os “secuestradores” trasladaron o comunicado ao conxunto da sociedade, a través dunha tele de plasma en rolda de prensa.

A organización lembra que mentres existe tecnoloxía suficientemente madura para cubrir practicamente o 100% da demanda eléctrica con renovables, o consumo actual de enerxía sucia para xerar electricidade é de case un 60% .

liberaalsol galego

Hector de Prado, responsable de enerxía de Amigos da Terra, afirma que “ata agora parece que a Administración Pública veulle facendo a cama ás grandes eléctricas, e as consecuencias desta decisión foron funestas, ata o punto de chegar arruinar a centos de familias e start-ups no proceso”. Por elo, de Prado asegura que “é urxente e necesario cambiar o actual modelo enerxético por un baseado en enerxías renovables descentralizadas e en mans das persoas. Precisamente diso trata a enerxía comunitaria, de que persoas, fogares, municipios ou distintas estruturas asociativas, participen de maneira activa neste novo modelo”.

Amigos da Terra quere resaltar con esta campaña que existen alternativas, que é posible liberar ao Sol. E faino nun momento de especial transcendencia para a Terra; en decembro os gobernos de todo o mundo deben emprender medidas reais para facer fronte ao cambio climático. Neste contexto, a organización reclama decisións políticas que estean á altura das circunstancias, pero á súa vez, convida e anima á sociedade para emprender un cambio de modelo a nivel individual e comunitario para demostrar a viabilidade das alternativas que xa son unha realidade en liberaalsol.org.

Imaxes acción: www.flickr.com/photos/60108073@N02/

Web: www.liberaalsol.org