Cies desde VigoEstimados voluntarios e voluntarias:

Ante todo desculpade o atraso en poñernos en contacto convosco. O motivo do devandito atraso é o seguinte:

Desde o Parque nacional dás Illas Atlánticas solicitáronnos que o proxecto de fenoloxía, que na campaña do pasado ano realizamos en Cíes e Ons, fora ampliado este ano para engadir tamén as illas de Sálvora e Cortegada, de xeito que o estudo fenolóxico abarcase a totalidade dos arquipélagos que forman o parque.

Esta proposta, que consideramos moi lóxica e interesante, esixe realizar en Sálvora e Cortegada o traballo previo de selección de especies e exemplares indicadores que xa se realizou en Cíes e Ons.

foto de Susana Freixeiro
Aumentar a complexidade do traballo obríganos a reformular a proposta de voluntariado. A proposta que presentamos agora sería, do mesmo xeito que no proxecto do pasado ano, realizar estancias dun fin de semana en cada arquipélago (en lugar de visitas dunha xornada) no outono e primaveira.

Esta modificación do proxecto precisa a autorización do organismo autónomo parques nacionais, e nesta fase estamos, agradando a confirmación da reformulación do proxecto.

Mentres non dispoñamos da devandita autorización (que todo indica que será positiva e nos próximos días) non podemos presentarvos un calendario definitivo para formalizar as vosas inscricións como voluntarios e voluntarias do proxecto.

Conservamos a base de datos cos vosos contactos e en canto teñamos a confirmación da devandita modificación poñerémonos en contacto convosco coas propostas de datas (que serán de fin de semana – sábado a domingo – co seu correspondente aloxamento e comidas) en Cíes, Onjs, Sálvora e Cortegada.

Desculpade de novo o atraso en contactar convosco pero a nosa previsión era obter a resposta á modificación hai días.

Un saúdo.

Antón Lois.

Coordinador do programa de voluntariado.