corcoestoplataformaUnha empresa canadense anuncia unha demanda contra España

A empresa canadense Edgewater quere demandar a España por rexeitar o proxecto dunha mina de ouro a ceo descuberto en Cabana de Bergantiños, Galicia. Amigos da Terra denuncia que a indemnización solicitada podería ser millonaria.

Onte, 22 de outubro, a empresa canadense Edgewater Exploration LTD anunciou a súa intención de esixir unha indemnización a España pola negativa do goberno galego a abrir unha mina de ouro en Corcoesto, no municipio de Cabana de Bergantiños, A Coruña. O proxecto da mina estaba promovido por unha filial de Edgewater, Mineira de Corcoesto SLU, cuxa sede se atopa en Panamá. Segundo o comunicado, a compañía “utilizará todos los medios disponibles para defender sus intereses. Si España no accede una compensar de forma inmediata a la empresa por las pérdidas de inversión y oportunidad, acudirá al tribunal de arbitraje previsto en el tratado bilateral entre España y Panamá”

No seu momento o rexeitamento social contra o proxecto foi masivo. Os habitantes da zona e numerosas organizacións sociais e ambientais denunciaban o enorme impacto que ía supoñer o proxecto, que prevía o uso de 1,5 toneladas de cianuro e 4 millóns de litros de auga ao día. De aprobarse removéronse máis de 200 millóns de toneladas de rocas e xerado lixiviados que se almacenarían nunha balsa química semellante á que rompeu en Aznalcollar, ameazando ao río Anllóns e a Ría de Corme Laxe.

Mani contra mina Corcoesto Carballo Praza Publica web

A empresa apóiase no Acuerdo para la promoción y la protección recíproca de inversiones entre el Reino de España y la República de Panamá que entrou en vigor en xullo de 1998, ao atoparse a sede de Mineira de Corcoesto en Panamá. No seu artigo 12 contempla varias vías de solución de controversias entre investidor e estado. En particular o investidor pode acudir “a un tribunal de arbitraje ad hoc establecido de acuerdo con el Reglamento de Arbitraje de la Comisión de las Naciones Unidas para el Derecho Comercial Internacional o al Centro Internacional de Arreglo de Diferencias Relativas a Inversiones (CIADI)”. Unha demanda a un destes tribunais privados podería esixir o pago dunha compensación millonaria aos contribuíntes galegos.

Amigos da Terra denuncia que existe un histórico de casos deste tipo longo e sanguento, no que grandes empresas demandaron a estados ante tribunais de arbitraxe no marco de acordos comerciais e de investimentos. Algúns exemplos demostran como as transnacionales utilizan estes mecanismos para beneficiarse economicamente e coartar todo tipo de ferramentas de protección social e ambiental que contraveñan os seus intereses:

  • A petroleira estadounidense Occidental Petroleum Corporation denunciou a Ecuador cando o país latinoamericano puxo fin ao contrato dunha concesión de extracción de petróleo con Occidental, o que deu lugar á maior compensación xamais concedida a un investidor: 1.770 millóns de dólares.
  • A compañía enerxética sueca Vattenfall pediu en 2009 unha compensación de 1.400 millóns de euros de Alemaña baixo un tratado internacional de protección dos investimentos no sector enerxético, pola anulación dun proxecto de xeración eléctrica de carbón en Hamburgo que atentaba contra a calidade da auga. Con esta ameaza, conseguiu finalmente que se rebaixasen os requisitos ambientais.
  • Baseándose no Acordo Norteamericano de Libre Comercio entre EE.UU, Canadá e México, a empresa estadounidense Lone Pine Resources Inc. pide unha compensación económica a Canadá de 250 millóns de dólares pola introdución dunha moratoria ao fracking en Quebec desde maio de 2013.

No que atinque aos países europeos, diferentes gobernos da Unión Europea xa pagaron polo menos 3.500 millóns de euros a investidores estranxeiros privados mediante cláusulas de tratados comerciais e de investimentos. Unha factura que tivo que asumir a cidadanía europea.

Precisamente hoxe que finaliza a XI Rolda de Negociacións do TTIP, Amigos da Terra lembra ás partes negociadoras as ameazas que supoñen o TTIP e o CETA, con este nítido exemplo do que pasaría se a Unión Europea aprobase o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos entre EEUU e a EU (TTIP), e ratificase o acordo comercial con Canadá (CETA). Ambos prevén mecanismos de resolución de controversias, o que abriría o camiño a que empresas estadounidenses e canadenses esixan indemnizacións cando consideren que os seus beneficios están a se ver vulnerados. En contrapartida, nin os estados, nin moito menos a poboación contará con mecanismos para defender os seus dereitos e o medio ambiente. Unha situación que se terza do todo intolerable e que poñerá en xaque o desenvolvemento das lexislacións ambientais e sociais, a defensa do territorio e a protección do medio ambiente, a xustiza e a democracia.

Outros exemplos de compensacións millonarias esixidos en tribunais de arbitraxe privados:

  • Ao recorrer ao Tratado Bilateral de Investimento EEUU-Ecuador, a empresa Chevron conseguiu eludir o pago de 18.000 millóns de dólares en Ecuador imposto por un tribunal estatal para limpar a contaminación de solos e auga debida ás súas operacións.
  • A empresa mineira canadense Infinito Gold expuxo en 2013 unha demanda ao goberno de Costa Rica por rexeitar un proxecto de mina de ouro ao descuberto nunha selva tropical ao norte do país. Reclama máis de mil millóns de dólares mediante o sistema de arbitraxe prevista no Tratado de Investimento Bilateral Canadá-Costa Rica.
  • En 2011, Philip Morris retou a recente lexislación australiana de etiquetaxe dos paquetes de tabaco, pedindo que se anule a nova norma e compensacións de miles de millóns de dólares en compensación polas súas perdas. Tratado Bilateral de Investimento Australia-Hong Kong.

Amigos da Terra quere aproveitar para amosar o seu recoñecemento e admiración polo traballo desenvolto no seu momento pola Plataforma Salvemos Cabana e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, que xunto con outras organizacións, souberon canalizar e mobilizar a cidadanía para sacar á luz pública os impactos do proxecto facendo que este fose paralizado.

Imaxe: CC: Praza Pública Manifestación en Carballo contra o proxecto de mina en Corcoesto.