alimentos qm escolar planetaAmigos da Terra convida a 2 centros escolares ás xornadas gratuitas “Alimentos Quilométricos. Como frear o cambio climático co que comemos cada día” no noso Centro de Educación Ambiental As Corcerizas. Actividades adaptadas dende 5º de Primaria ata 2º Bacharelato. Só ata o 30 de novembro!

PROGRAMA

As actividades na instalación que inclúen monitores/as, material de actividades e seguros, son gratuitas, mais o centro debe de xestionar o transporte e facerse cargo do custe do mesmo. A manutención non está incluida na oferta. Podedes levar a vosa comida, pero se queredes podedes contratar o servizo de alimentación e/ou aloxamento, servizos que si teñen custe e para os cales nos podes pedir orzamento.

Infórmate en: cooperacion@amigosdaterra.net e inscribe ao teu centro!