meme firmas guatemala 4Unha empresa Marca España, Ecoener-Hidralia, quere construír unha presa en Barillas, Guatemala. A hidroeléctrica galega chegou á zona en 2007 coa intención de apropiarse do Río Canbalam e os recursos naturais das comunidades de Barillas. Ese mesmo ano, nunha consulta pública, máis do 90% da poboación opúxose á construción da central.

En complicidade co Goberno esta empresa estivo cometendo graves crimes contra a poboación, ameazas, encarceramentos, asasinatos. Unha serie de atrocidades que vimos denunciando desde anos e que queremos evitar apoiando aos habitantes destas comunidades.

apoya alos pueblos de guatemala


Segue esta ligazón e asina a ciberacción!

A continuación deixámoche un vídeo dunhas accións de protesta nas que participamos e que tiveron lugar en Galicia fronte a sede da empresa e das administracións públicas.

A intención da compañía desencadeou a vulneración continua de dereitos humanos, pero ademais, a construción desta central implicaría a apropiación da auga por parte da empresa, e impactos tales como movementos de terra, a inundación dunha ampla zona ou a perda de biodiversidade, entre outras consecuencias.