adtierra revol enerDurante estes días estase a celebrar a maior cume mundial contra o cambio climático da década, a Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015, coñecida como COP 21 ou París 2015 e activistas de Amigos da Terra estarán alí presentes. Trátase dunha data crucial, xa que debe desembocar nun novo acordo internacional sobre o clima aplicable a todos os países co que manter o quecemento global por baixo dos 2 ºC.

Aproveitando as negociacións onde estarán representantes de gobernos de todo o mundo, Amigos da Terra tamén estará presente en París para manter a presión sobre as/os nosas/os políticas/os e que tomen medidas urxentes e apropiadas aliñadas co que se pide desde o sector científico e os principios de xustiza.

 

Agueda Lois Bran no tren
Dende Galicia chegan hoxe a París 8 dos nosos activistas procedentes de Vigo, Pontevedra, O Morrazo, Ourense e A Coruña, que se unirán a outras 2.000 persoas procedentes doutras partes do Estado e doutro 30 países que forman o continxente de Amigos de la Tierra Internacional (Friends of the Earth International) para tomar parte, xunto a varias miles de activistas dun enorme e variado crisol de movementos sociais, en movilizacións e accións de rúa que dean voz a xente de todo o mundo.

Bran Sofía Lois Agueda no tren

Como medida de coherencia as activisatas de Amigos da Terra viaxaron en tren, o medio transporte menos contaminante, ou empregando medios de transporte compartido ou mesmo en bicicleta, como é o caso de Jana e Agnes, dúas das nosas máis entregadas activistas que levan semanas viaxando en bicicleta, xunto a compañeiros/as de outras organizacións na iniciativa “Marcha Soluciones al cambio climático” para chegar ata a zona de conferencias.

protestasCOP21Paris

Todos eles e elas participarán nas numerosas actividades que hai programadas en París durante o cumio, como reunións que se levarán a cabo no “Centquatre” ou Zona de Acción polo Clima un gran espazo de converxencia, debates e mobilización. Aínda que tamén se levarán a cabo outros tipo de actividades como protestas ou obradoiros durante toda a duración do cumio.

Entre todas as propostas, cabe destacar o día 11, unha gran asemblea de activistas e aliados de Amigos da Terra Internacional e como colofón o día 12, cunha gran acción de todo tipo de organizacións que traballan no seguemento de todo o proceso, cando xa remate a Conferencia das Partes.