151212 COP paris5As activistas galegas mobilizadas desde Amigos da Terra ata París, para participar nas accións  da COP21, o Cumio Mundial contra o Cambio Climático de París, xa están de volta.

A pesar do entusiasmo co que falan do acordo final os gobernos e os massmedia, a súa análise é común, o cumio remata cun acordo decepcionante e inaceptable para a cidadanía comprometida.

As recomendacións científicas de non sobrepasar o quecemento de 1,5º, quedan detrás da intención de non chegar aos 2º, pero aínda así permanecen relegadas ao prólogo do documento, e non se establecen metas nin compromisos vinculantes para os países, nin números concretos nin prazos adecuados para conseguilo.

Desaparece o obxectivo de descarbonización para o ano 2050 e se fala de mitigación das emisións, que profundizan nunha mercantilización do clima, inclúen falsas solucións como a captura e o almacenamento de carbono e ralentizan o cambio de modelo de produción e consumo imprescindible para acadar os obxectivos de mitigación do cambio climático.

Non contempla as emisións do transporte aéreo nin marítimo, como sector clave para a redución das emisións de CO2.

En conclusión, non é un acordo xusto para as persoas nin para as nacións máis afectadas, os gobernos pregáronse aos intereses dos lobbies petrolíferos e dos combustibles fósiles.

A pesar disto, os nosos e nosas activistas tamén volven ca esperanza de que agora a cidadanía será quen teña que impulsar as verdadeiras solucións, aquelo que os políticos non se atreven a facer:

  • Cambios no sistema de consumo.
  • Aposta pola soberanía alimentaria, a produción local e responsable e a agroecoloxía.
  • Democratización do sistema enerxético, apoio ás enerxías renovables.

En resumo: espazos para a participación cidadá en todos os eidos da vida pública, lexislativos, lexislativos e executivos.

151212 COP paris2