Simbolo-03O día 25 dábase a coñecer a concesión dunha prorroga de 60 a unha industria periogosa e nociva para o medio ambiente e as persoas, instalada coa impunidade totalitaria do franquismo e renovada agora nos extertores doutro goberno que fixo do abuso o seu xeito de actuar. Un xesto de cobardes despois das eleccións para evitar danar as expectativas de voto. Unha trampa, un abuso, unha burla descarada.

Como organización respaldamos a campaña “ENCE fora da ría” a animamos á cidadanía a que se sume ás súas movilizacións, que con caracter inmediato son:

– Mércores 27 de xaneiro ás 19:00 h. CONCENTRACIÓN na Audiencia Provincial de Pontevedra
– Venres 29 de xaneiro ás 20:30 h. MANIFESTACIÓN, saída da Praza da Ferrería

unnamed
E para animar a mobilización compartímosvos as seguintes reflexións:

O desenvolvemento versus a sostibilidade

Aquelas manifestacións pedindo que ENCE se instalara en Pontevedra. Barállanse outras opcións. Sona con forza Ferrol. “Eles teñen asteleiros, nós non temos nada” decíase “Será un aldraxe si a montan en Ferrol e non en Pontevedra” decíase. ENCE era a modernidade, o progreso, o desenvolvemento. Eran outros tempos. Con ENCE chegou a contaminación, a visible e a “cheirable” pero sobre todo a invisible, a peor e máis conspicua e permanente. A eucaliptización, os lumes, o progreso. O desenvolvemento ten unha dirección, pero moitos camiños posibles para avanzar nesa dirección. O que temos son opcións, e podemos, ou mellor dito, deberíamos poder escoller o modelo de desenvolvemento. ENCE foi e sigue sendo un modelo imposto, un camiño a ningures que pecha outros camiños posibles.

ENCE Si, ENCE Non, Non así, Non Aquí

Os colectivos ecoloxistas plantexaban dúas alternativas cando se falaba de ENCE: producción limpa e verquido cero ou peche. En xeral esa foi a mensaxe da loita contra ENCE durante moitos anos. As cousas cambiaron cando na faixa da cabeceira das manifestacións apareceu o lema “ENCE fora de Pontevedra”. Apenas un matiz, ou se cadra máis que un matiz. Como colectivos ecoloxistas deberíamos sentirnos interpelados ante dito xiro de fondo. Os ecoloxistas empregamos o suficiente a nosa máis querida ferramente, a Educación Ambiental? Exactamente dónde ven quedando ese “fora”? Fora da Ría, da Provincia de Galicia ou de Europa? A quen lle enviamos o “agasallo”?… Campolameiro, O Irixo, Camerún? Dito doutro xeito: asumimos que, posto que inevitablemente ENCE vai a seguir contaminando, polo menos que o faga noutro sitio? Pode o movemento ecoloxista estar dacordo con ese plantexamento? Producción limpa, verquido cero, ou peche. Solo con producción limpa e verquido cero poderíamos falar de posibles alternativas de ubicación, ou non?

Unha nova Lei, ou o cabalo de Troia

Nova Lei de Costas. Os cambios non son inocentes e menos o que agachan. Algúns partidos votan a favor, outros en contra “os do non a todo”, pero prácticamente todos os Concellos solicitan de xeito inmediato a súa aplicación para regularizar edificacións ilegais nas súas liñas costeiras. O problema era este. Ademáis dos alpendres nos que gardaban os aparellos os pescadores, e dos alpendres “ampliados” con tres plantas, garaxe, trasteiro e salón comedor, e directamente das urbanizacións… esa nova Lei tamén convertía en legal esta prórroga de ENCE. Tomemos nota agora que se propón cambiar a Lei do solo. Despois pasa o que pasa.

Os postos de traballo, o único importante

De verdade os postos de traballo son o máis importante? Sí, non, ou… depende? En xeral a ría de Pontevedra, despois de Arousa, foi a máis productiva das rías galegas. Concretamente o banco marisqueiro de Placeres era prácticamente, daquela, inagotable. Centos de familias vivían directamente dese banco marisqueiro, e non digamos indirectamente. O aterramento do banco marisqueiro para a instalación da celulosa e a súa posterior contaminación produciron unha perda masiva deses postos de traballo.

Facendo un cálculo absolutamente conservador poderíamos manter unha relación de 3 a 1. Dito doutro xeito, por cada posto de traballo que propiciou ENCE perdéronse tres postos de traballo do sector pesqueiro e marisqueiro por causa da instalación de ENCE. Cando as propostas ecoloxistas son descalificadas baixo a falacia de que atentan contra os postos de traballo, compre repetir a pregunta: de verdade o máis importante son os postos de traballo? E non será que ao final somos os colectivos ecoloxistas os que de verdade consideramos que, efectivamente, son tan importantes?.

As forzas políticas, encontros e desencontros

Unha práctica casi xeralizada: cambiar o discurso cando se chega ao poder. En campaña o Partido Popular promete o traslado de ENCE. Unha vez no poder matízanse un pouco as promesas (matizar un pouco ven sendo facer o contrario do prometido). O que resulta notable e que un partido mude de opinión sin cambiar a súa situación de oposición. Dúas veces, en dúas eleccións municipais consecutivas, o PP de Pontevedra propón o traslado de ENCE (o do peche, decíamos, xá non se contempla en xeral como opción). Agora, “matizando” as súas promesas, defendende a permanencia de ENCE donde está. Benvidas sexan as forzas políticas que sempre estiveron en contra de ENCE, benvidas as que foron cambiando de opinión e agora manifestan a súa oposición. Benvidas sexan as novas forzas que fan o propio. A todas elas aproveitamos para decirlles que as agardamos para cando toque falar, por exemplo, de Alcoa, das térmicas de As Pontes, Meirama…

Portas xiratorias… para qué?

Consello de administración de ENCE. Ex ministra de medio ambiente Isabel Tocino, ex Conselleiro de medio ambiente Cárlos del Álamo. Portas xiratorias? Por moito que xiren compre empuxalas. As relacións entre ENCE e as autoridades ambientais son portas xiratorias ou directamente portas abertas? Algunha vez existiu porta algunha ou, máis ben, un corto pasillo de comunicación directa?

Goberno en funcións ou goberno en defuncións?

Pero hai algo aínda máis grave que tomar esa decisión de xeito unilateral cando o goberno está en funcións: tomar unilateralmente decisións que comprometen decisivamente a futuras xeneracións. Un goberno, calqueira goberno elexido por procedementos democráticos, por imperfectos que sexan eses procedementos, ten a lexitimidade electoral para tomar as decisións, pero non pode ter absoluta careta blanca para adoptar decisións que trascenden máis de 15 veces o seu período de goberno. Calqueira decisión que trascenda no tempo eses ciclos de catro anos debería ter, polo menos, un debate aberto á participación pública, especialmente si non figura en programa electoral algún. Tomar esta decisión estando en funcións… será un síntoma de que saben que se van?

Os do non a todo. Os enemigos do progreso.

Os colectivos ecoloxistas e ENCE como punto de encontro ecoloxista. Grupos locais, provinciais, galegos, estatais internacionais e sempre de fondo, como o noso querido fogar común, a APDR. Compañeiros e compañeiras incansables, a APDR como o mellor exemplo de coraxe, tenacidade e perseverancia. A prórroga de ENCE situaríanos na seguinte xeneración. Recibimos a herdanza dese agasallo envenenado. Temos a responsabilidade de non deixar ese legado para a seguinte xeneración. Todo un síntoma que o anuncio da prórroga de ENCE, lonxe de abatirnos, reforza o noso compromiso nesta loita na defensa de todos e de todo. Por eso somos cada vez máis persoas as que seguimos loitando, por eso somos cada vez máis voces as que seguimos decindo… ENCE NON!!!