cies 03Dende Amigos da Terra xunto a Ecocampus UAM estamos a organizar varios Campos de Voluntariado Ambiental en diferentes Parques Nacionais. A idea é concienciar sobre a importancia destes legados naturais a través de proxectos e actividades nos espazos da Rede de Parques Nacionais, os seus terreos e centros.
Esta iniciativa, é promovida polo Organismo Autónomo Parques Nacionais.

Aquí en Galicia desenvolveránse no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, nas illas Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora e como principal actividade estudarase o desenvolvemento fenolóxico das principais especies de flora arbórea e arbustiva. As datas orientativas, dependendo das condicións metereolóxicas son:

Quenda 1 – Illas Cíes: 3-6 marzo
Quenda 2 – Illa Ons: 17-20 marzo
Quenda 3 – Illa Cortegada: 7-10 abril
Quenda 4 – Illa Sálvora: 21-24 abril

Bota un ollo aos requisitos de inscrición.

Toda persoa maior de idade que queira participar terá que encher a ficha de solicitude. Nela veñen establecidas as condicións de participación.

O número total de voluntarios por quenda é de 6 persoas. As persoas que sexan seleccionadas recibirán información do Parque Nacional ao que asistirán e as actividades para desenvolver, así como das normas de participación e de seguridade.

Unha vez finalizado o Campo de Voluntariado farase entrega dun Certificado de Asistencia a todos os voluntarios que participasen neste Plan de Sensibilización e Voluntariado na Rede de Parques Nacionais.
Máis información e solicitudes.

vigo islas cies 01