160403 09 VII Xornadas Agroecoloxia OurenseEntre o domingo 3 de abril e o sábado día 9, terán lugar en Ourense as VII Xornadas de Agroecoloxía.

Amigos da Terra, xunto cos colectivos A Galleira, Cineclub Padre Feijoo, Semente, Silvardeiras, Sustinea e Xurumelxs. Tras tres anos sin contar con esta actividade, retomamos unhas xornadas nas que poderemos gozar dunha chea de actividades, desde visitas a produtoras de agricultura ecolóxica ata cine, obradoiros, palestras informativas ata  roteiros, accións de rúa, petiscadas e concertos.

Entre os anos 2006 e 2012, Amigos da Terra participou, xunto con outros moitos colectivos da cidade, no deseño e organización das Xornadas de Agroecoloxía en Ourense, que permitiron achegar á cidadanía ourensá outros modelos de vida máis acordes coa sustentabilidade, a xustiza social e a solidariedade. Conceptos como cooperativismo, bioconstrución, decrecemento, ecoaldeas ou grupos de consumo sustentable, foron tratados ao longo dos anos nestas xornadas.

Aquí tedes o programa detallado e o cartel da actividade:

Domingo, 3 de abril
12:00h Visita ao proxecto agroecolóxico Fóra da Linde e Conversa na Horta: Vivir a autoxestión; estaremos nos invernadoiros de Escudeiros, contaremos o funcionamento do proxecto e visitaremos as hortas. Na palestra falaremos do estilo de vida ligado a este tipo de proxectos autoxestionados e veremos as claves para montar un proxecto agroecolóxico.
Punto de encontro: Cerdal, Bar Cruce. km 14,2 da estrada Celanova a Cortegada (OU-531)

15:00h
Xantar vexetariano: pota vexeta e viño. Prezo libre
Organizan: Fóra da Linde e Xurumelxs; 669 091 989

Luns, 4 de abril
20:00h “Violacións dos dereitos humanos, deforestación e “donuts”. O caso da industria do aceite de palma” con Víctor Barro, que nos achegará a súa experiencia, vital e fotográfica, do contacto con comunidades do sueste asiático afectadas polo aumento da superficie adicada ao cultivo de palma.
Lugar: cafetería Moucho; Concordia, 17
Organiza: Amigos da Terra; info@amigosdaterra.net; 988 374 318

Martes, 5 de abril
20:00h Proxección do documental “Isto o cambia todo” que trata sobre as fatais consecuencias do cambio climático no noso planeta, a través de varios exemplos en diferentes países nos que a actividade humana, sempre promovida polos que fan negocio cos recursos comunais da natureza, está a desestabilizar o clima e o equilibrio natural de forma irreversible, en especial nas últimas décadas. Sen embargo, ao longo do filme vaise construíndo unha idea controvertida e emocionante: que podemos aproveitar a crise existencial do cambio climático para transformar o noso sistema económico que fracasou para convertelo en algo radicalmente mellor.
Escrito e narrado pola xornalista e investigadora canadense Naomi Klein, recoñecida activista que saltou á fama polo seu libro “Non logo”, no que arremetía contra as grandes corporacións, e co que se converteu nunha personaxe moi influente do movemento antiglobalización.
Lugar: salón de actos da Biblioteca Pública; Concello, 11
Prezo: 2€
Organiza:  Cineclub Padre Feijoo

Mércores, 6 de abril
18:00-20:00h Obradoiro de cociña e alimentación consciente e sustentable
Custe: 9€, ata 15 participantes previa inscrición en info@sustinea.org/ 988 782 964
Organiza: Sustinea

Xoves, 7 de abril
20:00h “Cooperativas Enerxéticas en Galicia: transformando o sistema enerxético desde a base” na cal representantes de Nosa Enerxía e Som Energia nos axudarán a comprender o actual modelo enerxético español e nos presentarán modelos alternativos de comercialización e produción eléctrica, cos que impulsar un novo modelo enerxético descentralizado e en mans da cidadanía e non do oligopolio enerxético
Lugar: Ateneo; Habana, 25
Organiza: Amigos da Terra; info@amigosdaterra.net; 988 374 318

Venres, 8 de abril
20:00hSoberanía alimentaria: a ameaza do TTIP para Galiza” con Manuel Dacal da FRUGA – Federación Rural Galega – para falarnos das implicacións do Tratado de Libre Comercio que a Unión Europea está a negociar cos EUA
22:00h Foliada co grupo “Os Mamuxos
Lugar: local de A Galleira; Hernán Cortés, 59
Organiza: A Galleira

Sábado, 9 de abril
11:00hPaseo entre menciñeiras, coñecendo as herbas de ribeira“; Durante o paseo, entre todas, recolleremos e identificaremos as plantas que nos vaiamos atopando. Unha vez cheguemos á horta haberá un espazo onde poderemos compartir coñecementos sobre estas ou outras plantas de interese.
Lugar e percorrido: desde as Burgas ata a Horta da Terra no barrio do Polvorín
Organizan: Silvardeiras; sofia.gigirey@gmail.com

20:00h  “Acción de rúa contra o Glifosato
Lugar: Praza do Ferro
Organiza: Xurumelxs

21:00-24:00 celebración do X Aniversario de Semente, primeiro grupo de consumo responsable da cidade de Ourense
Organiza: Semente

21:00h Petiscada ecolóxica a prezos populares
Lugar: Praza do Correxidor
22:00h concertos de “Ukelería” e “O Sonoro Maxín”
Lugar: Auriense
Prezo: 3€

160403 09 VII Xornadas Agroecoloxia Ourense