canceira carballinnoAgardando sete anos e centotrintaeoito días, mais 5 propostas de arquivo do caso, e outros tantos recursos de apelación, xunto coa intervención da Audiencia Provincial de Ourense para evitalo, acaba de resolverse o pasado día 14 abril, por parte do Xulgado de O Carballiño a apertura de xuízo oral para o vindeiro 19 de xullo contra os presuntos responsables da morte masiva de cans na canceira municipal de O Carballiño.

Era un 3 de marzo do ano 2009 cando membros dos grupos ecoloxistas de Amigos da Terra, Matar por matar, non! e Adega personábanse ante o cuartel da Garda Civil de O Carballiño para pór no seu coñecemento a existencia de diversas irregularidades ecolóxicas e denunciando a existencia dunha fosa cun gran número de cans mortos (70 segundo os informes do Seprona).

Mortos recentes marzo

Foto: fosa canceira O Carballiño. Marzo 2009

Despois de alertar da situación e coa intervención do propio SEPRONA, verificábanse as irregularidades administrativas na canceira de O Carballiño xunto cunha denuncia por vía penal por delitos continuados de maltrato animal e delito continuado contra o medio ambiente.

Para Amigos da Terra con esta ultima resposta xudicial agardamos agora que se continúe co proceso xudicial no Xulgado de O Carballiño e se determinen as causas da morte dos cans e os responsables das mesmas.