Curso eminentemente práctico no que aprenderás a manexar os parametros da túa cámara dixital (compacta ou reflex) para sacarlle o máximo rendemento e conseguir así mellores fotografías.

O curso desenvolverase no centro de educación ambiental “As Corcerizas”.

Servíndonos da contorna natural da Serra de San Mamede, utilizaremos os recursos que nos ofrece para practicar diferentes técnicas. Así por exemplo, os ríos mostrarannos que significa “tempo de exposición”, as paisaxes a “profundidade de campo” e a noites estreladas a “sensibilidade ISO”.

Imparte: Brais Palmás

160521 fotografia corcerizas

O aloxamento está incluído no albergue rural e o prezo da actividade completa é libre. En función das túas posibilidades e do que recibiches, estableces o que consideres que é xusto.

Se estás interesado/a en participar, poñedevos en contacto con nós en:

Correo-e: info@ascorcerizas.com ou
Teléfono: 988 302 403

Moitas grazas
Esperamosvos na Serra!