Unha vez máis Greenpeace elixiu o centro de Educación Ambiental de Amigos da Terra en Ourense para desenvolver os seus campamentos de verán e as súas actividades para mozos/as en acción.

Coherentemente co espírito dos seus campamentos, ningún contorno mellor que o de As Corcerizas, onde Amigos da Terra leva unha década sendo pioneira nos eidos da bioconstrución, enerxías limpas, alimentación ecolóxica e local, a redución e xestión dos seus residuos e a biodepuración das augas residuais.

Para Amigos da Terra converter a utopía en realidade e que dita realidade poda ser vivida e mostrada, constitúe un exemplo de que non hai mellor maneira de dicir as cousas que facelas.

Este ano a temática dos campamentos xira en torno ao “dereito a soñar” e no que mozos de 13 a 17 anos, en quendas de dez días estarán durante todo o mes de xullo no centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”.

Os/as participantes están a aprender como traballa Greenpeace, tanto a nivel de asociación como dos obxectivos ambientais e as campañas que levan a cabo, pero tamén están a coñecer a nosa realidade local e a gozar dos recursos da Serra de San Mamede, descubrindo seus valores naturais como o río Arnoia, a aldea de Rebordechao ou a Teixeira ou o bidueiral de Montederramo.

Todas actividades se desenvolven por voluntarios/as de Greenpeace, profesionais de educación Ambiental de Actio e coa colaboración de Amigos da Terra.