mulleres_comercioxusto_oxfam

O Comercio Xusto é unha forma alternativa de comercio que ten como obxectivo buscar unha maior equidade no comercio internacional, prestando atención a criterios sociais e ambientais. Contribúe ao desenvolvemento sostible, a promover condicións de traballo e de salario dignas para as produtoras e produtores e a respectar o medio ambiente na produción alimentaria.

Mentres o Comercio Xusto ten grande impacto na mellora das condicións de vida das comunidades do Sur, como Latinoamérica e África; en Galicia, a agricultura tradicional e familiar continúa a ser o sustento de moitas familias, parte imprescindible da nosa cultura e o xerme de moitas iniciativas económicas que revitalizan o noso campo e fixan poboación no rural.

Tanto en América como en Galicia, as mulleres son protagonistas da maior parte da produción alimentaria. Por iso, Amigos da Terra, Oxfam Intermón, a Universidade de Vigo e a CGONGD, queremos adicar os actos da Campaña Pobreza Cero 2017 ás mulleres que alimentan o mundo.

Do 17 ao 20 de outubro, Lucila Blandón, da Asociación Aldea Global (asociación de pequenas produtoras/es de Nicaragua) e a cooperativa de café Tierra Madre, visitará Galicia para achegarnos a súa experiencia. Coa participación de Lucila e outras mulleres de colectivos rurais galegos, organizamos unha serie de charlas e encontros para afondar nas problemáticas e alternativas de produción agrícola sostibles, tanto en Nicaragua como en Galicia.

A situación da muller no campo, o funcionamento das cooperativas, a propiedade da terra, os mercados locais e de proximidade, serán algúns dos temas que trataremos, tentando atopar puntos de encontro entre as dúas realidades.

A continuación, a axenda de actividades.

Charla “Mulleres que alimentan o mundo. Experiencias de Comercio Xusto e Agroecoloxía en Nicaragua e Galicia”

Martes 18 (Vigo)

Datas:

Participan:

  • Lucila Blandón (Aldea Global)
  • Belén Fervenza (Horta do Cadaval e Sindicato Labrego Galego)

Sitio e hora: 20:00 h Edificio Cambón. Rúa Oliva 3

Xoves 20 (A Coruña)

Participan:

  • Lucila Blandón (Aldea Global)
  • Manuela Vilaboy Romero (Educadora Familiar do Concello de Xermade. Coordinadora das actividades das asociacións de Mulleres Rurais)

Sitio e hora: 19:30 h Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas

Café coloquio sobre Comercio Xusto

Lucila Blandón. Produtora do café Tierra Madre

Datas:

Luns 17 (Vigo). 20:00h. Tenda de Oxfam Intermón. Rúa Triunfo, 4.

Mércores 19 (Pontevedra) 19:00 h. Tenda de Solidariedade Internacional de Galicia. Galerías da Oliva, local 4