Comunidades indíxenas de Guatemala conseguiron que o proxecto hidroeléctrico de Ecoener Hidralia non avance. Esta empresa,galega, entrara en territorio indíxena sen respectar nin aos seus habitantes nin os seus medios de vida, coa intención de privarlles do seu río sacro. Unha nova para celebrar, pero con contención, xa que aínda que o proxecto parece bloqueado, a empresa non deixou aínda a zona.

Guatemala, dereitos humanos

Desde Amigos da Terra, Alianza por la Solidaridad e Mujeres de Guatemala, levamos catro anos de intensa campaña para frear a represión da empresa sobre as comunidades en Santa Cruz de Barillas. Desde 2007, data na que a multinacional estableceu unha sede en Guatemala, os abusos foron continuos: asasinatos, secuestros, ameazas, agresións a mulleres, encarceramento de líderes comunitarios; o que ocasionou unha grave deterioración do tecido social por mor da imposición da empresa e o medo da poboación a posibles repercusións? Con todo a alianza entre diferentes organizacións guatemaltecas e internacionais, co apoio da cidadanía, conseguiu presionar á empresa que, de momento, non executou a construción da hidroeléctrica.

A esta noticia súmanse diferentes logros grazas á valentía das comunidades indíxenas que defenderon os seus dereitos para pesar do risco que corren as súas vidas. Arturo Pablo é un dos líderes indíxenas que loitou desde o principio mostrando o seu rexeitamento á multinacional española. Esta oposición supúxolle a súa perda de liberdade; durante un ano e medio estivo preso por manifestarse pacíficamente. A boa noticia é que el e varios compañeiros foron liberados considerándose non culpables dos cargos, e a día de hoxe seguen enfrontándose á multinacional para protexer o interese xeral das súas comunidades.

O caso foi analizado nas Nacións Unidas

O pasado mes de outubro, Arturo Pablo elevou o caso de abusos contra os dereitos humanos de Ecoener Hidralia ante o tribunal dos pobos, reunido con motivo das negociacións de Nacións Unidas por un tratado de dereitos humanos e empresas, da man de Amigos da Terra. Na sala, denunciou a situación de indefensión á que se expoñen as comunidades e, á vez, reclamou un tratado vinculante para acabar coa impunidade das multinacionais que cometen violacións de dereitos en países terceiros.

Son grandes pasos, pero non definitivos. A empresa aínda non retirou a maquinaria e as licenzas de construción seguen vixentes. Ademais, os habitantes continúan aínda sometidos a fortes presións e os cargos pendentes de xuízo non foron retirados.

Manteremos o noso apoio aos pobos indíxenas de Guatemala

Por iso, seguimos mobilizándonos: para esixir a Ecoener-Hidralia o abandono definitivo do proxecto no río Canbalam, a retirada de todos os cargos pendentes e que se responsabilice dos danos causados ás persoas e comunidades afectadas. Durante estes anos houbo ameazas, medo, agresións, encarceramentos inxustos, secuestros e mesmo asasinatos. Isto non pode quedar impune. Aínda hai persoas pendentes de xuízo por defender os seus dereitos e os das súas comunidades e medo ás repercusións. Asina a petición e compártea!