Varias organizacións sociais e políticas facemos un chamamento á cidadanía de todo o Estado a saír a rúa o mércores 21 de decembro a secundar a mobilización promovida pola Plataforma estatal
https://nomascortesdeluz.org/

O 8 de novembro finaba queimado na cidade de Ourense un ancián de 87 e seu imán quedaba con queimaduras graves. Na cidade de Reus, en Catalunya, unha anciá finaba nun incendio causado polas velas que usaba para alumear a vivenda logo de que Gas Natural Fenosa cortara o subministro eléctrico, sin coñecemento previo, nos servizos sociais, da súa precariedade económica. Casos coma estes son os que nos alertan, pero son moitas as familias que viven na angustia permanente que produce a pobreza enerxética. A Situación crítica que vive unha boa parte da sociedade, logo da gran estafa financeira, eleva o numero de suicidios ata ser a primeira causa de morte por diante dos accidentes de circulación. Todo este sufrimento e un contexto social e económico como o que estamos a vivir obrígannos a todas a seguir a loitar e a reclamar… a paralización dos cortes de luz e suministros a familias con problemas económicos. Queremos poñer fin aos abusos que afectan a un servizo esencial, polo que esiximos ao Goberno que regule unha tarifa alcanzable á que poidan acollerse todos os consumidores domésticos e unha auténtica tarifa social para familias con baixos niveis de renda.

Desde o estalido da crise en 2007 a pobreza enerxética converteuse nun dos principais problemas sociais e económicos en todo o Estado, ao sumarse ao desemprego e á redución de salarios unha escandalosa subida da tarifa eléctrica. 7 millóns de persoas teñen dificultades para pagar a factura da luz e máis de 5 millóns quedarán sen calefacción durante este inverno. Aínda que cada ano morren en España máis persoas por falta de subministracións nos seus fogares que por accidentes de tráfico, os afectados pola pobreza enerxética seguen sendo invisibles.

Causa importante desta grave situación atópase nos aumentos indiscriminados das tarifas da luz. Tan só no últimos seis meses, o recibo encareceuse nun 25%. As grandes compañías néganse sistematicamente a realizar unha auditoría que permita determinar os custos reais da produción eléctrica e promoven un sistema que favorece a especulación. É imprescindible que haxa maior transparencia para poder acabar cos abusos na factura eléctrica.

As tres maiores eléctricas embolsáronse máis de 56.000 millóns de euros en beneficios desde o inicio da crise, mentres sosteñen unha débeda millonaria coa cidadanía. Entre 1998 e 2006, as grandes eléctricas cobraron ilegalmente máis de 3.500 millóns de diñeiro público en concepto de Custos de Transición á Competencia (CTCs).

As dúas sentenzas ditadas o pasado outubro polo Tribunal Supremo polas que se anula o sistema de financiamento do bono social evidencian o fracaso do actual modelo enerxético, obrigando aos usuarios para indemnizar ás eléctricas con máis de 500 millóns.

Ademais, o actual bono social non soluciona o problema da pobreza enerxética, xa que segue supoñendo unha tarifa moi elevada e nin sequera se aplicas por criterios de renda. Trátase dunha medida meramente cosmética que deixou fóra a dúas terceiras partes das persoas afectadas, á vez que subvenciona a fogares con rendas altas.

Pola súa banda o oligopolio eléctrico abusou da súa situación de privilexio vulnerando os dereitos dos consumidores. Necesitamos acabar coa dramática situación de pobreza enerxética que viven millóns de persoas no noso país.

Resulta urxente que España respecte os compromisos adquiridos no marco internacional e garanta o cumprimento do artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Observación xeral Número 4 do Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, segundo as cales un nivel de vida digno require dunha vivenda adecuada con acceso a subministracións básicas como luz, auga e calefacción.

Do mesmo xeito necesitamos que se cumpra a lexislación europea sobre subministración eléctrica, que obriga aos Estados membros a protexer aos usuarios vulnerables e a prohibir os cortes de luz en períodos críticos (artigo 3 da Directiva 2009/72/CE, do 13 de xullo de 2009).

Polo exposto reclamamos:

1. Prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos. As eléctricas deberán dirixirse á administración para comprobar a situación das familias que non abonen os seus recibos. Se sofren vulnerabilidade económica, non poderán cortarlles a subministración e o custo será asumido polas compañías.

2. Fin aos abusos tarifarios. Aprobación dunha tarifa alcanzable, regulada polo Goberno, á que poderán acollerse todos os consumidores domésticos na súa primeira residencia.

3. Creación dunha auténtica tarifa social. Substitución do actual bono social por unha tarifa de reducida contía dirixida ás familias con baixos niveis de renda, sufragada polas eléctricas.

4. Recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en conceptos de Custos de Transición á Competencia (CTCs).

5. Auditoría ao sistema eléctrico. Realización dunha análise dos custos do sistema desde que se puxo en marcha a liberalización do sector, co obxectivo de determinar o prezo real das tarifas eléctricas.

6. Aplicación do tipo de IVE superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.

Podedes consultar aquí as cidades que se unen as mobilizacións. De momento en Galicia as manifestacións nas principais cidades serán:

En Ourense sairase ás 20:00h da Praza Maior ata a rúa Celso Emilio Ferreiro ( Oficinas de Gas Natural  Fenosa)

En Santiago de Compostela convócase á xente as 20:00 h na Praza de Galicia.