O tratado comercial entre a Unión Europea e Canadá, coñecido como CETA polas súas siglas en inglés, foi ratificado hoxe polo Parlamento Europeo. A aprobación do CETA espertou unha gran oposición entre amplos sectores da sociedade civil.

As organizacións da sociedade civil piden aos parlamentos nacionais que bloqueen o acordo e á Unión Europea que dea un paso adiante cara un comercio baseado na equidade, a xustiza social e o respecto ao medio ambiente. A globalización é a principal causa de desigualdade e explotación de recursos naturais, o que provoca un descontento xeneralizado que deu ás á extrema dereita en Europa, para evitar estes problemas e gobernos autoritarios nos que crece a desigualdade un novo modelo de comercio é máis necesario.

Alejandro González, responsable de xustiza Económica en Amigos da Terra declarou que “o acordo é un retroceso na solución dos problemas máis perentorios da actualidade. É un tratado que pon o beneficio económico por diante das persoas, e proporciona dereitos inaceptables aos investidores. Lonxe de reducir a crecente desigualdade, frear o cambio climático e a sobre explotación das persoas e o planeta, o CETA fará aínda máis difícil resolver estes problemas”.

Un dos asuntos máis polémicos incluídos neste tratado ten que ver cos mecanismos de resolución de controversias entre investidores e Estados que outorga a grandes empresas e investidores o privilexio de demandar aos estados si se producen cambios na lexislación que, segundo os investidores, afecten aos seus beneficios. A cidadanía con todo verá reducidos os seus dereitos laborais, a seguridade alimentaria e a protección do seu medio ambiente.

A aprobación do CETA aínda non é definitiva

despois da votación de hoxe, o CETA ten que ser ratificado en 38 parlamentos estatais e rexionais da UE. A sociedade civil, acompañada de organizacións como Amigos da Terra, seguirán loitando para premer aos gobernos para que rexeiten o CETA definitivamente.

 

ceta