Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras apoiadas pola Plataforma por un Nuevo Modelo Energético unen esforzos para organizar unha xornada sobre a urxencia de repensar o modelo enerxético global o sábado 18 en Vigo.

Os incrementos do prezo da luz e dos carburantes, as mortes vinculadas á pobreza enerxética, o debate sobre a nuclear a propósito da posible continuidade da Central de Garoña provocan que a enerxía sexa un tema de debate. Aproveitando que o pasado 14 de febreiro foi o día da Enerxía e que ata o 23 este mes se celebra a semana europea contra a pobreza enerxética, queremos crear un espazo de reflexión colectivo sobre o actual modelo enerxético e os seus impactos. Neste marco preténdese igualmente coñecer accións que se están desenvolvemento a nivel local, nacional e internacional para, unha vez avaliado o interese que existe por un cambio do actual modelo desde distintos ámbitos, identificar accións e crear vínculos para promover un grupo de traballo no noso territorio.

Así a xornada vai contar cun amplo abanico de perspectivas que enriquecerán a reflexión conxunta. De aí que se conte ca presencia de persoas tanto de organizacións vinculadas ao sector da enerxía (profesoras/es da universidade de Santiago, Vigo e A Coruña, empresas, cooperativas ou colexios profesionais) así como persoas de organizacións relacionadas con sectores sensibles aos seus impactos (asociacións como Greenpeace, Cáritas, sindicatos, partidos políticos e as propias Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras que intentarán xerar alternativas a este modelo enerxético inxusto e que causa fortes desigualdades. A enerxía é un dereito básico, ao que se debería acceder en condicións de igualdade y xustiza social de aí a necesidade e urxencia de cambiar o modelo enerxético actual.

ENERXÍA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

A urxencia de repensar o modelo enerxético global