Un novo informe publicado hoxe 22 de marzo polas organizacións Food & Water Europe, Amigos da Terra, CECU e VSF Justica Alimentaria Global revela a descontrolada expansión da industria española do porcino, os seus graves impactos ambientais e sociais, principalmente en Cataluña e Aragón, que acollen case a metade dos porcos do país e os seus efectos devastadores sobre as zonas rurais.

As principais conclusións do informe, como sinala David Sánchez, de Food & Water Europe, equipasen “a industria española do porcino co modelo de gandaría industrial de EE.UU., cunha forte concentración de explotacións en poucas mans. Pero esta industria non está a asumir os seus graves impactos ambientais, sobre a subministración de auga potable ou sobre as poboacións próximas”-

Cada vez hai menos granxas e cada vez son máis grandes.

Entre 1999 e 2013 desapareceron 128.000 granxas, coa consecuente perda de emprego para o sector, mentres unas poucas granxas industriais acapararon este negocio. España ten o maior censo de porcos da UE, con 28.3 millóns, cunha media de animais por granxa que aumentou de 122 a 467. O 87,3 por cento dos porcos están encerrados en interior de naves sobre chans total ou parcialmente enrellados e nunca verán a luz do día.

“A concentración e a integración vertical relegan a gandeiros e gandeiras a un papel marxinal, cunha gran perda de emprego para o mundo rural, cada vez máis despoboado. É urxente apostar por unha gandaría de calidade respectuosa coas persoas e a contorna e pór freo a megaproxectos que destrúen o emprego e o medio ambiente como esta industria do porcino ou a macroxranja de 20.000 vacas que se pretende construír en Noviercas, unha pequena poboación de Soria” afirmou Branca Ruibal, de Amigos da Terra.

 

Un país saturado de xurro

Os porcos censados en España en 2015 produciron case 61 millóns de metros cúbicos de xurro. Cantidade que enchería 23 veces o estadio do FC Barcelona.

Só en Cataluña, 142 municipios teñen problemas coa auga potable.

A xestión destes xurros xera innumerables problemas ambientais e sociais por todo o territorio. 142 dos 947 municipios cataláns teñen problemas de acceso á auga potable por contaminación por nitratos. O Goberno catalán inviste máis de 6 millóns de euros cada ano para abastecer a esta poboación.

Un terzo de todos os fármacos utilizados en gandaría na UE durante 2014 aplicáronse en España

A industria cárnica española utiliza 419 miligramos de axentes antimicrobians veterinarios por cada mil toneladas de carne, unhas tres veces máis que en Alemaña. Cada ano morren en Europa 25.000 persoas por resistencia a antibióticos. Si a resistencia segue aumentando ao ritmo actual en 2050 poderían chegar a 50 millóns.

“Este modelo de gandaría baseado no abuso de antibióticos non responde á crecente demanda de produtos sans e de calidade, que quere a cidadanía”, engadiu Ana Etchenique, da Confederación Española de Consumidores e Usuarios (CECU).

“A alimentación da industria porcina provoca tamén impactos no Sur debido ás importacións de soia,na súa maioría transxénica, contribuíndo ao cambio climático, a deforestación e o desprazamento de comunidades rurais” engadiu Javier Guzmán, de VSFJusticia Alimentaria Global.

Documentos