Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea Réka Patócs chegada dende Hungría, e que acaba de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos dez meses. A voluntaria súmase aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros e colaborando no Centro de Educación Ambiental ” As Corcerizas”.

Este proxecto foi recentemente aprobado pola Comisión Europea dentro do Programa Erasmus+ da Unión Europea e está enclavado dentro do Servizo Voluntario Europeo, que busca a mobilidade dos mozos e mozas europeos doutros países para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en iniciativas que contribúan á mellora social e ambiental.

Amigos da Terra tamén actúa coma organización coordinadora e xestionamos voluntarios de envío. Así, ao longo de este ano 2017 varias persoas voluntarias de Ourense, están desenvolvendo un proxecto de voluntariado por toda Europa en diferentes países coma Eslovenia, Eslovaquia, Portugal, Irlanda, Italia e Reino Unido.

Por último, dende a asociación queremos animar a todos os mozos e mozas, menores de 30 anos, que queiran vivir unha a aventura do Servizo Voluntario Europeo que non desaproveiten a ocasión e que se poñan en contacto con nós (Telf 988 374 318 ou sve@amigosdaterra.net) ou pasen polas nosas oficinas (na rúa Bedoia, 5 – 2º) para facilitarlles mais información de xeito totalmente gratuito. O programa cubrirá todos os gastos de viaxe, aloxamento e manutención de ata 12 meses dos voluntarios e voluntarias que resulten seleccionados.