Estes días celébrase a Semana da Loita Campesiña, pero tamén o Día da Terra, un día no que as reivindicacións para protexer o medio ambiente están en boca de todo o mundo, con todo, pouco óuvese sobre un dos sectores que máis afectan o coidado do planeta: a agricultura. Por este motivo, estes días queremos lembrar o papel que xoga a alimentación para protexer a Terra. Fíxosenos crer durante moito tempo que a agricultura industrial é indispensable para alimentar á poboación mundial, que é máis eficiente, máis produtiva e que ten mellores rendementos. Transxénicos, fertilizantes, maquinaria, monocultivos, herbicidas e pesticidas son os medios dos que dispón a agricultura industrial, pero a fame persiste no Século XXI en moitas zonas do planeta. É urxente acabar con esta secuela e para este fin necesitamos saber quen nos alimenta.

Imos a iso: quen alimenta ó mundo? quen produce a maioría de alimentos a nivel mundial? A resposta sorprende, non é a agricultura industrial, supostamente tan necesaria, senón a agricultura familiar. Segundo datos da FAO (Axencia de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) a agricultura familiar produce o 80% dos alimentos que se consumen no mundo.

Agricultura industrial vs Agroecología

¿Quién nos alimenta? ¿Es necesaria la agricultura industrial? Desmitificamos los engaños del sistema alimentario actual. #SobernaríaAlimentaria #CETAnoAlimenta #Agroecologia Más información: https://www.tierra.org/quien-nos-alimenta/

Publicado por Amigos de la Tierra en Jueves, 20 de abril de 2017

A agricultura industrial foise constituíndo no imaxinario colectivo como chave e única solución para acabar coa fame a través de mitos xerados e difundidos pola propia industria, pero nada máis lonxe da realidade. É a agricultura familiar a que xa da para comer ao mundo, mentres a agricultura industrial só produce un 20% dos alimentos . Por tanto, non necesitamos a agricultura industrial para alimentarnos. Ademais, as afirmacións sobre a súa eficiencia tamén resultan ser falsas. É a agricultura industrial máis eficiente? E unha vez máis, a resposta é inesperada. Os grandes monocultivos intensivos ocupan o 75% das terras e usan a metade dos recursos empregados na agricultura.

A agricultura industrial acapara os recursos pero non é quen alimenta ás persoas.

A agricultura a pequena escala, respectuosa co medio ambiente, a pesar de ser a máis numerosa en número de granxas, só ocupa un 25% da superficie agrícola do mundo. Son por tanto millóns de persoas na súa maioría mulleres, cultivando unha pequena porción dos recursos naturais dispoñibles quen alimentan ao mundo.

A agricultura industrial dispón non só da maioría da terra senón tamén da auga, as sementes,  a ciencia e a tecnoloxía; por que só produce o 20% dos alimentos do mundo?

A resposta é tan sinxela que asusta, non o pretende, non é o seu obxectivo. A agricultura industrial produce mercadorías para os mercados, non alimentos para as persoas. O cultivo de soia e millo para a fabricación de pensos ou combustibles, a palma aceiteira para fabricar xampú ou chocolatinas, algodón e outras fibras para a enorme industria da roupa barata, son algúns exemplos disto. Por tanto, o obxectivo da agricultura industrial non é alimentar ao mundo, senón transformar as terras de cultivo nunha mercadoría máis.

Na lóxica da agricultura industrial os “brokers” poden mercar millóns de toneladas de trigo na bolsa, pero millóns de persoas non  poden permitirse mercar os alimentos máis básicos.

A agricultura industrial destrúe o medio ambiente

Tras varias décadas de industrialización desenfreada da agricultura, a evidencia acerca dos impactos ambientais que xera é abafadora. A agricultura industrial é responsable do 70% da deforestación en América Latina, un dos principais motores de cambio climático, até o 40% das emisións de GEI proveñen da agricultura industrial. Só durante o S. XX perderonse o 75% das variedades cultivadas e actualmente o 22% das razas gandeiras está en perigo de extinción. A biodiversidade ten un valor incalculable, nun contexto de clima cambiante, a diversidade cultivada é a clave para producir alimentos nun futuro de clima incerto.

Este é o conto da agricultura industrial, un conto que nos repiten para xustificar o necesaria que é e será para alimentar a unha poboación maior, mentres, a realidade pon o berro no ceo facéndonos saber que a fame no mundo non se debe á falta de alimentos, senón a unha repartición pouca equitativa de recursos, onde as terras non se utilizan para producir alimentos, senón para alimentar a accionistas e bancos. A agricultura industrial xoga co sustento da poboación máis vulnerable e cun planeta cada vez máis enfermo.