Amigos da Terra xunto cos concellos de Bueu, Cangas e Moaña presentamos no dia do Medio Ambiente un proxecto de educación ambiental na Mancomunidade de O Morrazo, enfocado á minimización de residuos e ao fomento dun consumo responsable. Compostaxe en vivendas, accións de rúa e un programa escolar, os tres eixos principáis para traballar durante un ano alternativas concretas e prácticas para minimizar o lixo que xeramos cada día.

Trátase dun proxecto de participación activa da poboación, encamiñado a implantar a cultura do Residuo Cero na comarca do Morrazo con actividades durante 1 ano, a través de alternativas como a compostaxe en vivendas explicou Paula Vidal durante a rolda de prensa, como técnica de Amigos da Terra para a Campaña.

residuo minimo , morrazo

Coa colaboración da empresa Recolte, a Mancomunidade aposta decididamente pola compostaxe dando a posiblidade de participar a 50 familias en cada concello. Deste xeito, 150 familas terán o seu propio composteiro nos seus xardíns e hortas e farán o seu abono ecolóxico e de calidade.

Outro reto da campaña é o de reducir os residuos de envases, polo que dende o comezo da Campaña Amigos da Terra terá presenza nas rúas. Cada mes visitaremos unha das vilas da Mancomunidade, colocando un espazo informativo no que poder informar á cidadanía e interactuar cos colectivos locais.

Ademáis ofreceremos un programa educativo que achegará aos centros de ensino públicos un catálogo de recursos didácticos adaptados aos distintos nives educativos. Obradoiros, contidos para a reflexión, dinámicas ou xogos que motivarán a avanzar cara o residuo mínimo tamén nos centros de ensino.