A Rede Social Galicia Sur lanza o “Manifesto por un Vigo comprometido coa cooperación internacional”. Os gobernos locais teñen unha responsabilidade esencial á hora de promover os dereitos humanos e o desenvolvemento dos pobos e cidades do Sur. Neste tema, como noutros, o goberno municipal de Vigo non pode quedar atrás. Sen embargo, nos últimos anos esqueceu a cooperación internacional, deixando sen executar os fondos destinados a proxectos no exterior en 2015, 2016 e parece que en 2017…

Logo da denuncia pública coa campaña #VigoNonCoopera, a Rede lanza agora o “Manifesto por un Vigo comprometido coa cooperación internacional“, un texto que resume o estado da cuestión e as nosas demandas. Un manifesto que vai asinado inicialmente por 11 entidades:

Amigos da Terra, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Coordinadora Galega de ONGD, Comité Oscar Romero Vigo, Entreculturas Fe y Alegría, Oxfam Intermón, Parroquia Cristo de la Victoria Vigo, PROCLADE, Semilla para el cambio, Solidariedade Internacional Galicia e SOS Racismo Galicia.

Fomentemos unha cidadanía crítica, activa e solidaria na cidade de Vigo. Entra e asina para reclamar ao Concello de Vigo á necesidade de recuperar esta política, fundamental para loitar contra a pobreza e as desigualdades!