Sabías que a gandería industrial é a principal causa do cambio climático, que tan só para producir un quilo de vacún son necesarios 20.000 litros de auga, que preto do 75% da superficie agraria dedícase á alimentación do gando? Seguramente non o sabías, ou o viches poucas veces. Non se adoita tratar o tema, pero é necesario abordalo.

Se crees que necesitamos promover un modelo alternativo respectuoso coas persoas, os animais e a contorna, ven ao primeiro encontro estatal de gandería e medio ambiente!

Que? Primeiro Encontro Estatal de Gandería e Medio ambiente, Resistindo á Gandería Industrial.

Cando? Venres, 29 de setembro dende as 20:00h, sábado 30 e domingo 1 de outubro ata as 14.00h.

Onde? Loporzano, Huesca.

Organizan: Amigos de la Tierra, Plataforma Loporzano sin Ganadería Intensiva, Food and Water Europe; apoian: WWF, Loporzano Vivo, Compassion in world farming.

PROGRAMA

29 de setembro: empezamos o venres ás 20h en Huesca cidade, coa presentación do libro “A Carne que comemos” a cargo do autor de Philip Lymbery.

Sábado 30: Primeiro Encontro Estatal de Gandería e Medio Ambiente. Pola mañá trataranse os impactos e a situación da gandería industrial con relatorios de diferentes persoas expertas. Pola tarde intercambiaranse experiencias de plataformas e persoas que se están a resistir a este modelo nos seus territorios.

Domingo 1 de outubro pola mañá, deseñaremos xuntas os próximos pasos a dar para crear a nosa propia campaña sobre gandería.

***

Amigos da Terra correrá con todos os custos de desprazamento, aloxamento e alimentación, salvo unha cantidade mínima de 20€ que se terá que achegar a modo de inscrición.

Se che interesa, contáctanos en voluntariado.galicia@amigosdaterra.net! Ven e forma parte do cambio!